Onte na biblioteca tivemos unha visita moi especial: un pescador de contos que chegou nun batuxo e nos contou que "acariñando acariñando as guerras vanse parando": ANXO MOURE.
Pasámolo moi ben !
Aquí deixamos as fotos da xornada.
O blog da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Montemogos
11 de abr. de 2014
8 de abr. de 2014
ABRIL "MES DOS LIBROS"

Neste mes de abril "Mes dos libros" unha das actividades que temos programadas é a visita de Anxo Moure para contarnos a historia de "A xacia Luviñas".. Unha historia que recomendamos ler, se ainda non o fixestes. De seguro que a xacia fará que reflexionedes sobre o comportamento co medio ambiente e tamén cos amigos e amigas que nos arrodean e nos queren.
Expo Arte 2014
Exposición colectiva do alumnado de artes do IES Mª Soliño. curso 2013-2014
Do 3 ao 26 de abril do 2014
Sala de exposicións do Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo
7 de abr. de 2014
Hoxe conmemoramos o IV Centenario da morte de " EL GRECO"
O 7 de abril de 1614, o Greco falecía en Toledo.
Hoxe conmemoramos o IV Centenario do seu pasamento.

El Entierro del conde de Orgaz (parroquia de Santo Tomé, Toledo)

4 de abr. de 2014
PINTANDO POEMAS
Leonardo Da Vinci
1 de abr. de 2014
2 DE ABRIL"DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL"
Comeza abril cunha data esencial para lembrar a importancia de ofrecer libros de calidade aos nenos e nenas: 2 de abril, o Día Internacional do Libro Infantil, que se celebra en conmemoración do nacemento de Hans Christian Andersen. Tódos os anos, a IBBY (Internacional Board on Books for Young People) encarga unha imaxe e un texto a un autor dun país en concreto. Desta vez son irlandesas os autoras que poñen rostro e voz ao libro infantil e á lectura como actividade esencial na formación das persoas: Siobhán Parkinson é a autora do texto "Carta aos nenos do mundo" e Niamh Sharkey ilustra o cartel conmemorativo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

