20 de nov. de 2015

20 de novembro "DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA"

Hoxe na biblioteca, na Hora de Ler, nenos e nenas voluntarios de sexto curso, contáronnos un fermoso conto do escritor Agustín Fernández Paz "O voo das bolboretas"  un relato que fai referencia ao Principio 7: "Todos os nenos teñen dereito a unha educación gratuíta, a divertirse e a xogar".
O conto atópase no libro "OS DEREITOS DA INFANCIA"(Ed.Xerais) onde dez grandes autores de literatura infantil e xuvenil nos ofrecen dez contos que recrean os principios recollidos na Declaración Universal dos Dereitos dos Neno.
Ao remate visioamos un video colaborativo  realizado polos menos e nenas de 5 de Infantil e 1 de Primaria sobre os Dereitos da Infancia.








               MOITAS GRACIAS A TODOS E TODAS !!!

18 de nov. de 2015

PREMIO LAZARILLO 2015!

A escritora viguesa Ledicia Costas, que ven de recibir hai un mes o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, gaña  o Premio Lazarillo, na modalidade de creación literaria coa obra "Jules Verne e a vida secreta das Femmes Plante".A obra, ambientada no Vigo do século XIX  , recrea unha das visitas de Jules Verne á cidade cuxa ría o inspirou para escribir un dos episodios de "20.000 leguas de viaxe submarino".




ALEGRÁMONOS MOITO ,OS NOSOS PARABENS!!!

13 de nov. de 2015

O MAGOSTO!

"Non chas quero, non chas quero..." cantaban os nenos e nenas mentres saían ao patio para comer as castañas asadas e disfrutar do MAGOSTO.
Un día de verán de San Martiño no que nos divertimos  cos distintos xogos tradicionais cedidos pola ASOCIACIÓN CORREDOIRAS: a rá, os zancos, a chave, os trompos...




                                             Por certo, riquísimas as castañas!!!
               

12 de nov. de 2015

PREMIO CERVANTES !


O escritor mexicano Fernando del Paso gaña o Premio Cervantes.

Fernando del Paso  convertiuse onte no XXX gañador do Premio Miguel de Cervantes “pola aportación ao desenvolvemento da novela aunando tradición e modernidade, como fixo Cervantes no seu momento. As suas novelas cheas de riscos recrean episodios fundamentais dla historia de México, facéndoos fundamentais”, segundo  acta do xurado. O premio, dotado con 125.000 euros,  entregarase nun acto especial o 23 de abril de 2016 ,na Universidade de Alcalá de Henares.



10 de nov. de 2015

EXPOSICIÓN "BICHIÑOS"

Na entrada do cole, está a disposición de toda a comunidade educativa a exposición de "Bichiños" na que todos e todas colaboramos. Uns bichiños que ilustrarán o calendario que todos os anos elaboramos e que está próximo a sair.
Animádevos e acercádevos a botarlle unha ollada, merece a pena!
Aquí tendes unha pequena mostra:






                             E MOITOS MÁIS....

6 de nov. de 2015

COUSAS DE BICHIÑOS!!!

Os nenos e nenas de 5º de Infantil expuxeron o seu traballo de investigación sobre os "bichiños"  aos papás e mamás que se acercaron ata a biblioteca para escoitalos.
Que ben o fixeron!!

   PARABÉNS POLO TRABALLO E MOITAS GRACIAS POR COMPARTILO !!