1 de abr. de 2016

SALÓN DO LIBRO !

 
Do 1 ao 23 de abril terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra o XVII Salon do libro infantil e xuvenil.Este ano os protagonistas serán os animáis de todas as partes do mundo: fantásticos,domésticos ,salvaxes,...e bichiños!

 O martes día 5 de abril ás 18:00H os nenos e nenas " VOLUNTARIOS LECTORES" de 6º de primaria participarán con dúas sesións de contacontos:"A viaxe das bolboretas" e "Eu non fun".

 ESTADES TODOS E TODAS CONVIDADOS!!!

18 de mar. de 2016

CINE:"DÍA DA MULLER"

Rematamos as  actividades en torno ao Día da muller co visionado de dúas películas :BRAVE (Infantil,1º,2º e 3º de primaria) e BILLY ELLIOT (4º,5º,6º de primaria).
Ao rematar,nas titorías fixeron unha posta en común sobre a igualdade,unha tarefa na que aínda hai moito que andar!
Dúas películas que temos na biblioteca e que recomendamos a tod@s!!!!



                                    Vémonos á volta das vacacións,disfrutade!!

13 de mar. de 2016

SEMANA DA PRENSA


Os nenos e nenas de 5º de Infantil estiveron a traballar ao longo da Semana da prensa sobre "noticias de bichiños". Aquí vos deixamos o seu traballo.



9 de mar. de 2016

"MULLERES APICULTORAS"

Continuamos coas actividades dentro da "Semana da Muller" .
Nesta ocasión , en relación co Proxecto deste ano "Bichiños", contamos coa presencia de tres mulleres apicultoras que nos ofreceron unha charla sobre este insecto tan apaixoante: a súa vida, a organización dentro das colmeas, os tipos de abellas, os inimigos (entre eles a vespa velutina)... e da APICULTURA unha profesión tamén de mulleres!




APRENDEMOS MOITO, MOITÍSIMAS GRACIAS POR ESTA CHARLA TAN INTERESANTE!!