10 de nov. de 2016

MAGOSTO,MAGOSTO!!

En vísperas do San Martiño celebramos o Magosto no colexio!!
Saimos ao patio e comimos as castañas asadas que estaban riquísimasssss!!
Este ano contamos coa compañía de alumnos e alumnas da Asociación XOÁN XXIII de Cangas que viñeron cos seus xogos populares, feitos por eles no taller de carpintería, para xogar  con nós  despois da merenda.



MOITÍSIMAS GRACIAS, FOI UN PRACER COMPARTIR E XOGAR CON VÓS!!
AGARDAMOS A PRÓXIMA VISITA!!!






8 de nov. de 2016

A CIENCIA É UNHA ARTE

 Este mes de novembro a nosa biblioteca e os corredores vístense de "ciencia".
 "Creatividade e imaxinación son os ingredientes básicos para as científicas, como na Arte, porque a Ciencia é unha Arte" (Ángeles Alvariño).
Con motivo do Centenario do Nacemento de Ángeles Alvariño investigamos sobre a biografía desta destacada  científica galega.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScmYcgqnCFH53MPDHalPzlNjkALoD1qjJescGPZoPI48sDfiw/viewform
PREME PARA ACCEDER AO CUESTIONARIO SOBRE ESTA DESTACADA CIENTÍFICA


2 de nov. de 2016

ADIVIÑA A PELÍCULA!!!

Despois dunha breve pausa por mor do Samaín e das cabazas  Dcine que tan bonitas vos quedaron.Voltamos ca derradeira fase do concurso "Adiviña a película" .
Estarán expostos os oito fotogramas ata o día 15 deste mes,no vos despistedes e cubride a ficha para entregar nas titorías!!!






 
 ÁNIMO E MOITA SORTE!!!

28 de out. de 2016

"UNHA BIBLIOTECA DE MEDO"

Nesta semana do Samaín organizamos diversas actividades.
Comezamos o luns con curtametraxes de medo,como xa vos contamos, para celebrar o Día das bibliotecas. Ademais todo o alumnado foi enchendo a entrada do colexio con cabazas "Dcine".
O xoves os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria percorreron todas as aulas para "asustarnos"a todos e todas facendo unha posta en escena da Santa Compaña.
Rematamos a semana de medo coa saída ao cine de Seixo (alumnado de 4º,5º e 6º e primaria) para ver "Maléfica , así como visitar a antiga sala de proxección que data do ano 1943!!!
 O resto do alumnado disfrutou de sesión de cine na biblioteca coa curtametraxe "Fiz o coleccionista de medos" , baseado no conto homónimo da editorial OQO.













 UNHA SEMANA TERRORÍFICA!!

24 de out. de 2016

24 OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe foi un gran día  na nosa BIBLIOTECA.
 En grupos, acercámonos á ela para ver unhas curtametraxes "terroríficas", pois estamos xa na semana do Samaín. Ao remate, Belusiña tiña para todos e todas unha sorpresa!!!
Moitas gracias á persoa que fixo posible este agasallo tan especial.

 

21 de out. de 2016

Dcine



Aquí vos deixamos os fotogramas dos nenos e nenas  do cole!!
Un mural colaborativo onde participou todo o alumnado!!! Estamos  Dcine!!

13 de out. de 2016

ADIVIÑA A PELÍCULA!!

Continuamos co concurso "Adiviña a película" . Xa estamos na 
 segunda fase onde teredes que acertar o título e o xénero de outros oito fotogramas que están expostos na entrada do colexio.
ANIMÁDEVOS, ESTARÁN EXPOSTOS ATA O DÍA 21 DE OUTUBRO!!!