7 de abr. de 2017

AS FAMILIAS CONTAN!!

Hoxe contamos coa vista de Palmira,mamá de Roi (Ed.Infantil), que se achegou ata a nosa biblioteca para narrarlle aos nenos e nenas de Infantil a historia de  "La Bella Durmiente" acompañada dun "cine caseiro", feito por ela e o seu fillo.


MOITÍSIMAS GRACIAS!!!

6 de abr. de 2017

EMOCIÓNS!!!

Hoxe ,na biblioteca, poidemos ver un traballo que realizaron os nenos e nenas de 6º de infantil sobre as emocións.
Partindo de escenas de diferentes películas os nenos e nenas van reflexionando sobre as distintas emocións: a alegría, a tristeza, a ira, o enfado e o medo.

                                          (ALUMNADO DE 3º,4º,5º E 6º DE PRIMARIA)

 
(ALUMNADO DE INFANTIL,1º E 2º DE PRIMARIA)

Deixamosvos o enlace ao blog de infantil onde está colgado o video que fixeron do traballo:
PARABÉNS!!!!

5 de abr. de 2017

AS FAMILIAS CONTAN!!

Hoxe ,na Hora de Ler, Loli (mamá de Aixa de Ed.Infantil) contounos un conto que nos encanta
 "TÍO LOBO"Ed.Kalandraka.



E tamén nos recitou dous poemas de Gloria Fuertes:
                                "Cómo dibujar un payaso" y "Cómo se dibuja una bruja".

                                   MOITAS GRACIAS!!!

4 de abr. de 2017

MARUJA MALLO

Con motivo do "DÍA DAS ARTES GALEGAS"celebrado o pasado 1 de abril e adicado este ano á pintora galega Maruja Mallo.Queremos render a nosa pequena homenaxe cunha exposición sobre á artista que pasou un verán na "praia de Beluso", un dos lugares con máis encantos da comarca e tan cercano a nós.


 Máis información:
http://www.rtve.es/alacarta/videos/imprescindibles/imprescindibles-maruja-mallo/966721/
http://www.rtve.es/alacarta/videos/imprescindibles/imprescindibles-sin-sombrero/3318136/


Murais realizados polo alumnado de 5º de primaria sobre a pintora!


ABRIL MES DOS LIBROS!!

Ao longo deste mes temos programadas diversas actividades onde os protagonistas son os libros:"as familias contan","apadriñamentos lectores","voluntariado lector",...das que vos iremos informando.
Hoxe arrincamos cunha actividade nova "AS BELUTECAS", unhas maletas cargadas de libros que os voluntarios lectores se encargan de levar ao patio no recreo.Ollade qué éxito!!:




                                         GÚSTANNOS AS BELUTECAS!!!

AS FAMILIAS CONTAN!!

Como todos os anos durante o mes de abril, "MES DOS LIBROS", a nosa biblioteca  convértese nun fervedoiro de actividades na que as familias participan narrándonos historias, recitando, dramatizando...
Hoxe a mamá de Unai (Ed.Infantil ) achegóuse para contarnos dous fermosos contos:
"La vocecita"Michael Escoffier (Kókinos) e "La clase de pintura" (colección Un mundo de emociones, editorial Salvat).



 MOITAS GRACIAS POR COMPARTIR CON NÓS ESTES FERMOSOS CONTOS!!!

ENTREGA DE PREMIOS!!

O pasado venres repartimos os premios aos gañadores e gañadoras do concurso "MULLERES DCINE.



PARABÉNS!!!