11 de maio de 2017

XXX SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS GALEGAS!

Onte, no salón de actos, estiveron Quique Mauricio (autor) e Carlos Taboada (ilustrador ) dos libros da  colección MULLERES GALEGAS da editorial LELA.
Con eles descubrimos a vida e obra da pintora Maruja Mallo. Rematamos facendo, coa axuda de Carlos, unhas caricaturas chulísimas!!
Os nenos e nenas de 5º de Ed. Infantil fixeron un traballo en colaboración co alumnado de 3º de primaria sobre o libro "Meiga nova,metade anxo,metade marisco"  que onte nos presentaron, aquí vos deixamos o enlace para que lle botedes unha ollada:http://educacioninfantilbeluso.blogspot.com.es/

 Tamén nos firmaron os nosos libros,cunhas  fermosas adicatorias!!!

Moitísimas gracias por adicarnos parte do voso tempo, un verdadeiro placer!!!

AS FAMILIAS CONTAN!!!

Continúan acchegánsose ata a nosa biblioteca  familias con actividades de animación!!
Neste caso foi Arantxa, mamá de Daniela de 5º de Infantil, quen  nos contou- xunto coa sua filla- unha fermosa historia de Brancaneves.

MOITÍSIMAS GRACIAS !!!
ENCÁNTANOS  COMPARTIR!!!

8 de maio de 2017

XXX SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe tivemos entre nós á "Coral Polifónica de Beluso"acompañada da súa directora Magdalena para cantarnos -homenaxeando a Eduardo Pondal no Centenario da súa morte- o "Himno Galego", despois agasalláronnos con  "Morriña",unha preciosa canción da nosa terra.
Rematou o acto coa interpretación  das pandereteiras e cantareiras  do cole, que nos deleitaron con tres pezas .


 

MOITAS GRAZAS!!!!

5 de maio de 2017

XXX SEMANA CULTURAL!

Deixámosvos o programa da Semana Cultural, ollade cantas actividades!!!




4 de maio de 2017

XXX SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS GALEGAS!!

Arrinca o mes de maio e con el "A SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS GALEGAS".
Hoxe tivemos entre nós ao actor e director Paulo Medal  e á vestiarista (diseñadora e encargada de vestiario) Alicia R. Otero.Contáronnos en qué consiste o seu traballo.  Con eles, poidemos descubrir como é a maxia do teatro, como un actor se transforma en personaxe.
Faláronnos tamén  das persoas que traballan para que un espectáculo poida levarse a cabo
( maquinistas,maquilladores,técnicos...) pero, sobre todo, da importancia de estudar para chegar a ser o que un desexa.









 


FOI UN VERDADEIRO PRACER !!
MOITÍSIMAS GRAZAS!!!

28 de abr. de 2017

TALLER DE ALFOMBRAS DE CORPUS!

Ao longo de toda a mañán , os nenos e nenas de 1º a 4º de primaria realizaron un taller de alfombras florais en colaboración coa ANPA e a Asociación de Alfombras de Bueu. Este ano a figura homenaxeada é "Maruja Mallo" pintora surrealista, moi vencellada ao noso concello, a quen se lle adica este ano  "O Día das Artes Galegas".




UN TRABALLO EXTRAORDINARIO. MOITAS GRACIAS!!!

VISITA DA ACTRIZ MÓNICA CAMAÑO!!

Hoxe tivemos con nós á actriz galega MÓNICA CAMAÑO, de Cangas do Morrazo.
Coñecida por participar en series da TVG como "Matalobos" ou en "Terras de Miranda".
Nominada a varios premios María Casares, gañou no 2008 o Premio a mellor actriz secundaria polo espectáculo "Emigrados". Participou nas  películas: "O lapis do carpinteiro","As leis de Celavella", "Efectos secundarios"...
Con ela, o alumnado de 5º e 6º de primaria , a través de xogos e dramatizacións traballaron as emocións. Foi unha experiencia emocionante! Pasáronno realmente ben!!!



MOITAS GRACIAS MÓNICA!!!