12 de maio de 2017

XXX SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS GALEGAS

Seguimos con máis actividades da Semana Cultural.
Hoxe, o alumnado de 6º de Infantil ofreceunos unha adaptación dramatizada do conto  "O cociñeiro Martiño" Ed.Xerais. O autor Iago López visitaranos o vindeiro xoves cunha animación do mesmo conto.Fixeron dúas sesións,unha para familias e outra para alumnado do cole.




 PARABÉNS,UN MAGNÍFICO TRABALLO!!!

Por outra banda a CUADRANGULAR DE FÚTBOL, unha actividade que todos os anos se leva a cabo entre o alumnado de 6º de primaria dos colexios da contorna: Ceip Torre Cela, Ceip A Pedra, Ceip Virxe Milagrosa e o noso, Ceip Montemogos.

11 de maio de 2017

XXX SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS GALEGAS!


Hoxe o alumnado de 1º,2º e 3º de primaria desfrutaron no Centro Sosial do Mar da representación da obra de teatro "A galiña azul " adaptación do libro de Carlos Casares, autor ao que este ano se lle adica o Día das Letras galegas.


GUSTOUNOS MOITO!!!!

XXX SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS GALEGAS!

Onte, no salón de actos, estiveron Quique Mauricio (autor) e Carlos Taboada (ilustrador ) dos libros da  colección MULLERES GALEGAS da editorial LELA.
Con eles descubrimos a vida e obra da pintora Maruja Mallo. Rematamos facendo, coa axuda de Carlos, unhas caricaturas chulísimas!!
Os nenos e nenas de 5º de Ed. Infantil fixeron un traballo en colaboración co alumnado de 3º de primaria sobre o libro "Meiga nova,metade anxo,metade marisco"  que onte nos presentaron, aquí vos deixamos o enlace para que lle botedes unha ollada:http://educacioninfantilbeluso.blogspot.com.es/

 Tamén nos firmaron os nosos libros,cunhas  fermosas adicatorias!!!

Moitísimas gracias por adicarnos parte do voso tempo, un verdadeiro placer!!!

AS FAMILIAS CONTAN!!!

Continúan acchegánsose ata a nosa biblioteca  familias con actividades de animación!!
Neste caso foi Arantxa, mamá de Daniela de 5º de Infantil, quen  nos contou- xunto coa sua filla- unha fermosa historia de Brancaneves.

MOITÍSIMAS GRACIAS !!!
ENCÁNTANOS  COMPARTIR!!!

8 de maio de 2017

XXX SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe tivemos entre nós á "Coral Polifónica de Beluso"acompañada da súa directora Magdalena para cantarnos -homenaxeando a Eduardo Pondal no Centenario da súa morte- o "Himno Galego", despois agasalláronnos con  "Morriña",unha preciosa canción da nosa terra.
Rematou o acto coa interpretación  das pandereteiras e cantareiras  do cole, que nos deleitaron con tres pezas .


 

MOITAS GRAZAS!!!!

5 de maio de 2017

XXX SEMANA CULTURAL!

Deixámosvos o programa da Semana Cultural, ollade cantas actividades!!!




4 de maio de 2017

XXX SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS GALEGAS!!

Arrinca o mes de maio e con el "A SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS GALEGAS".
Hoxe tivemos entre nós ao actor e director Paulo Medal  e á vestiarista (diseñadora e encargada de vestiario) Alicia R. Otero.Contáronnos en qué consiste o seu traballo.  Con eles, poidemos descubrir como é a maxia do teatro, como un actor se transforma en personaxe.
Faláronnos tamén  das persoas que traballan para que un espectáculo poida levarse a cabo
( maquinistas,maquilladores,técnicos...) pero, sobre todo, da importancia de estudar para chegar a ser o que un desexa.









 


FOI UN VERDADEIRO PRACER !!
MOITÍSIMAS GRAZAS!!!