15 de out. de 2018

CANTANDO CONTRA O CANCRO DE MAMA








  Dende o CEIP Plurilingüe Montemogos unímonos ao Día Mundial do Cancro de Mama (19 de outubro), escoitando  da man de Rozalem e Estopa a canción 'Vivir', que poñerá voz á iniciativa musical 'Por ellas'.
    Como di o lema da AECC:
 “A túa loita é a miña loita. A vosa  loita é a nosa loita ”.
 



8 de out. de 2018

ADEUS Á ULTIMA PRIMA DONA!!


    
   Esta pasada fin de semana despedimos á gran Montserrat Caballé.
   María de Montserrat Bibiana Concepción Caballé Folch ( Barcelona, 12 de Abril de 1933- 6 de Outubro de 2018) foi unha cantante lírica española con tesitura de soprano. Considerada  a máis universal das cantantes de ópera españolas, unha diva á altura de mitos como María Callas, Elisabeth Schwarzkop ou Renata Tebaldi.
   Entre os moitos premios musicais que se lle otorgaron, cabe destacar os seguintes:
- O Premio Grammy á mellor interpretación vocal solista de música clásica, recibido en 1969 pola súa interpretación no álbum Rossini: Rarities. 
- O  17 de xullo de 1973, recibiu a Medalla de Oro ao mérito nas Belas Artes.
- En 1991, o Premio Príncipe de Asturias das Artes, xunto con Vitoria dos Ángeles, Teresa Berganza, José Carreras, Pilar Lorengar, Alfredo Kraus e Plácido Domingo.

                                                        ATA SEMPRE!!!!!



2 de out. de 2018

VISITA SORPRESA!!!



Hoxe tivemos unha sorpresa: unha chica faisán visitou o noso cole!!!

1 de out. de 2018

OBRADOIRO DE PINTURA POLOS DEREITOS HUMANOS

O sábado 29 na Banda do Río en Bueu celebrouse un obradoiro de pintura para dar a coñecer os Dereitos Humanos.
Foi todo un éxito de participación.
"Non se pode valorar o que non se coñece" son palabras de Cristóbal Gabarrón, promotor desta iniciativa.






Máis información no Faro de Vigo
MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA IMPLICACIÓN!!!