A falta dun magosto con castañas, tivemos unha xornada de xogos. Un ano máis, alumnos do XOÁN XXIII de Cangas compartiron con nos unha divertida mañá.
Os pasillos do colexio enchéronse cos xogos de madeira elaborados por eles, que tamén exerceron de monitores.
O blog da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Montemogos
9 de nov. de 2018
8 de nov. de 2018
HABELAS...HAINAS
Co título do PDI deste curso "HABELAS...HAINAS", as diferentes titorías, especialistas e departamentos fixeron carteis homenaxeando a unha muller destacada.
Están expostos na entrada e servirán de ilustracións para o calendario 2019.
Están expostos na entrada e servirán de ilustracións para o calendario 2019.
20.00 LEGUAS BAIXO DOS MARES
Queremos agradecer o agasallo da asociación JUAN XXIII que loita pola inclusión das persoas con discapacidade.
Esta adptación da obra de Julio Verne ten unha lectura fácil. Recomendada tanto para persoas con discapacidade como para maiores.
MOITAS GRAZAS!!!
CHARLA CONTRA LA VIOLENCIA
O vindeiro 25 de novembro é o día contra a violencia de xénero. A garda civil acudiu ao noso centro para tentar concienciar ao alumnado de 5º e 6º de primaria deste enorme problema.
Foi moi axeitada ao nivel, dinámica e ilustrativa.
Foi moi axeitada ao nivel, dinámica e ilustrativa.
5 de nov. de 2018
4 de nov. de 2018
CASTAÑA CASTAÑA DO CHAN SE APAÑA!!!
ADIVIÑA ... ADIVIÑANZA...
Son de cor chocolate
Son de cor chocolate
ábrese coa calor
e se as botas ao lume
estoupan con gran sabor.
Redondiña, moreniña...pódese comer crúa, asada ou cocidiña.Semana de outono, semana de magosto
no CEIP Plurilingüe Montemogos ao ritmo da cantiga " ARAO" .
DISFRUTADE COA MÚSICA!!!
2 de nov. de 2018
Samaín 2018
O 31 de outubro celebramos o SAMAÍN que noutros sitios chámase Halloween.
A exposición de cabazas, coa temática do proxecto deste curso, foi un gran éxito, grazas á colaboración das familias. Puidemos ver moitas diferentes e con diversos estilos; unha gravada con versos de Rosalía, mulleres traballadoras, Rosa Park, Teresa Portela, Frida Kahlo, Valentina Tereshkova,...
O centro estivo decorado de forma terrorífica... ata tivemos un photocall:

Os voluntarios lectores de 6º dramatizaron, con marionetas, o conto "UN, DOUS, TRES, VAMPIRO TI ES", para o alumnado de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria.

O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria disfrutaron da película "COCO".
A Anpa organizou unha gran festa de Samaín, os nenos e nenas viñeron disfrazados, pintados terrorificamente incluso recorreron o pobo xogando o "Truco trato".
FOI UNHA XORNADA ESPELUZNANTEEEEEE!!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)