26 de nov. de 2018

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



   O 25 de Novembro é a data escollida pola ONU para celebrar o Día Internacional contra a Violencia  de Xénero. Con motivo desta conmemoración esta semana escoitaremos a Rozalén coa  canción " La puerta violeta " interpretada en linguaxe de signos polos alumnos do CFGS Integración Social do IES Ben Gabirol.
                              DISFRUTADE COA MÚSICA!!!


 
 
 

  

Parabéns a Enara e os seus compañeiros de 6º de Primaria pola súa participación no concurso.

20 de nov. de 2018

NOVEMBRO MES DA CIENCIA

   Continuando coas actividades do MES DA CIENCIA, hoxe inauguramos unha exposición temática sobre instrumental de laboratorio. Podedes ver: vasos de precipitado, morteiros, probetas...e ata unha pequena colección de microscopios!!!




Tamén sorteamos os premios da 1ª semana do concurso " A pregunta da semana " sobre unha das científicas galegas expostas nos paneis informativos do corredor da biblio.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR ESTA 2ª SEMANA DE CONCURSO!!!

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA




    

       Hoxe, conmemorando  O Día Universal da Infancia  puidemos disfrutar na entrada da escola dunha serie de contos sobre os dereitos e obligacións dos nenos/as. Teredes toda a semana para lelos.
       
                                                        ANIMÁDEVOS
 

18 de nov. de 2018

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

   
    O 20 de novembro celebramos O Día Universal da Infancia. Nesta data en 1989 a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos dos Nenos que consta de 10 principios nos que se recoñecen dereitos á liberdade,  contra a discriminación, a ter un nome, a unha nacionalidade, á educación, á sanidade, a ser protexidos...
   No noso colexio celebramos esta data concienciando ao noso alumnado na colaboración e na solidariedade cos máis desfavorecidos e que non gozan dalgúns dereitos recoñecidos.

16 de nov. de 2018

NOVEMBRO MES DA CIENCIA

A biblioteca neste mes está convertida nun laboratorio!
Hoxe venres, o alumnado de Infantil asistiu o primeiro  obradoiro de CONTOS CON CIENCIA.
Un neno de 6º contou o conto: "Un monstro de cores" de Anna Llenas, editorial flamboyant, e a continuación, dividímonos en grupos para realizar un experimento de mesturas de cores cos padriños científicos.






FOI UNHA EXPERIENCIA MONSTRUOSA!!!
O PRÓXIMO VENRES MÁIS!!!

DÚAS POETAS DE PREMIO: FRANCISCA AGUIRRE E IDA VITALE!!!

Francisca Aguirre  (Alicante, 1930) foi galardonada co Premio Nacional das Letras 2018, concedido polo Ministerio de Cultura e Deporte. Distingue a un escritor/-a polo conxunto da súa obra literaria, en calquera das linguas españolas.
É unha poeta da Xeración dos 50. A súa obra completa está editada por Calambur  e titúlase "Ensayo general". Os seus poemas están traducidos ó francés, italiano, portugués e árabe.
Nun dos seus últimos poemas di que " a súa casa é unha vella enciclopedia".



Ida Vitale (Montevideo, 1923), premio Cervantes 2018. Está considerado como o Nobel da literatura en castelán.
Poeta vanguardista latinoamericana, caracterízase por escribir poemas curtos, cunha búsqueda do sentido das palabras, é representante da poesía esencialista.
 Escribiu varias obras, destaca "La luz de esta memoria", "Palabra dada", "Sueños de la constancia"...


HABELAS HAINAS!!! PARABÉNS!!!

12 de nov. de 2018

CIENTÍFICAS GALEGAS



Nesta entrada tendes unha pequena reseña informativa sobre as mulleres científicas expostas no corredor da biblioteca para solucionar os kahoots.
Enlace con información das científicas galegas.
Despois de ler as súas biografías podedes intentar resolvelos seguintes kahoots.

Mª Inmaculada Paz Andrade