28 de maio de 2019

AUDICIÓN MUSICAL

  Esta semana coñecemos a  DAVID REES, este cantante comezou facendo cancións doutros artistas e  publicalas na plataforma YouTube, tamén ten varias cancións propias.
  Escoitamos a canción "DE ELLOS APRENDÍ", que escribiu  con frases de películas  da súa infancia.


      GOZADE COA MÚSICA!!!
 

27 de maio de 2019

AS FAMILIAS CONTAN 12

Hoxe, 27 de maio, Loly, Aixa e Elba (as súas dúas fillas) dramatizaron un conto titulado 
EL ABEJOSO escrito por Nadia Shireen, editado con Bruño.
Todos e todas sabedes que é unha abella e que é un oso, pero que é un "abejoso" seguro que non. Foi moi divertido e gozamos da actuación destas tres actrices que nos falaron da importancia das abellas e da amizade.
Ata probamos mel.









MOITÍSIMAS GRAZAS POR COMPARTIR  ESTE TEMPO CON NÓS!!!

FIADEIRO 2019


24 de maio de 2019

XOGO E CONVIVO 2019

Hoxe, no campo de fútbol de Bueu, tivo lugar a parte deportiva e inclusiva da XXXII Semana Cultural.
Xogaron e conviviron o alumnado de 6º de Primaria dos colexios CEIP PLURILINGÜE A PEDRA, CEIP PLURILINGÜE A TORRE-CELA, CPR PLURILINGÜE VIRXE MILAGROSA e CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS.

Foi unha fermosa e divertida xornada con xogos participativos!!!

 

AS LENDAS DE ANTONIO FRAGUAS

Hoxe estivo con nós, PEDRO BRANDARIZ, que vestido de antropólogo,  presentounos unha animación sobre a biografía de Antonio Fraguas Fraguas e tamén  contos, refráns, ditos, costumes que recolleu Fraguas por todos os recunchos de Galicia.

Disfrutamos moito coas historias de rapozos e cos ditos populares, por exemplo:
"Señora María,    
 señor Manuel 
castañas asadas   
e viño con mel"


 MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR NA SEMANA CULTURAL!

23 de maio de 2019

ENCONTRO INTERXENERACIONAL

Esta mañán recibimos a grata visita das MULLERES que participan no Taller de Memoria do Concello. Desta volta estivemos conversando sobre os oficios e traballos das mulleres hai uns cantos anos: casa, campo, fábrica, cociñeiras, vendedora na praza, camioneiras, costureiras, percebeiras...
Moitas grazas  a estas mulleres únicas, loitadoras, valentes ...  por compartir con nós eses recordos.







 ESPERAMOS, CON ILUSIÓN,  A VOSA PRÓXIMA VISITA!
É UN VERDADEIRO PRACER!


22 de maio de 2019

NOVOS VENTOS

Había unha vez un cole donde parte  do seu alumnado formaba un grupo de gaitas e baile moi moi importante. Percorreron Europa representando a Galicia, participaron no festival de Lorient, en Francia... pero os nenos e nenas foron medrando e  desapareceu. Moitos deles forman parte doutras bandas, por exemplo, Manxadoira, incluso Antón Davila, forma parte de grupos como Aran , Beladona, Celtas Cortos e compón bandas sonoras para películas e documentais...
E de seguro que a todos e a todas quedoulle ese amor especial pola música.


PERO... hai un grupo de persoas que están intentando recuperar o grupo. Hoxe estiveron con nós Eduardo, o profe,   IRIS, exalumna, e NEVES, alumna animándonos a formar parte deste novo proxecto.
Bailaron para nós unha muiñeira, cantaron, explicáronnos a roupa.
Foi unha charla moi animada... Moitas grazas


MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR NA SEMANA CULTURAL NO  ANO ADICADO A ANTONIO FRAGUAS!!
ANÍMATE A ASISTIR ÁS CLASES!