Había unha vez un cole donde parte do seu alumnado formaba un grupo de gaitas e baile moi moi importante. Percorreron Europa representando a Galicia, participaron no festival de Lorient, en Francia... pero os nenos e nenas foron medrando e desapareceu. Moitos deles forman parte doutras bandas, por exemplo, Manxadoira, incluso Antón Davila, forma parte de grupos como Aran , Beladona, Celtas Cortos e compón bandas sonoras para películas e documentais...
E de seguro que a todos e a todas quedoulle ese amor especial pola música.
PERO... hai un grupo de persoas que están intentando recuperar o grupo. Hoxe estiveron con nós
Eduardo, o profe,
IRIS, exalumna, e
NEVES, alumna animándonos a formar parte deste novo proxecto.
Bailaron para nós unha muiñeira, cantaron, explicáronnos a roupa.
Foi unha charla moi animada... Moitas grazas
MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR NA SEMANA CULTURAL NO ANO ADICADO A ANTONIO FRAGUAS!!
ANÍMATE A ASISTIR ÁS CLASES!