5 de xuño de 2019

FESTA DE PREMIOS FARO DA ESCOLA

Hoxe alumnado do centro asistiu a FESTA FARO DA ESCOLA en Castrelos.

Gañamos DOUS PREMIOS:  
  • 1º premio Á MELLOR REPORTAXE: "OVOS, QUE NON SON DE CHOCOLATE, PERO QUE GARDAN "SORPRESA" NO SEU INTERIOR" redactada polo alumnado de 4º de Primaria.
  •  SECCIÓN DE ESQUELAS.





NORABOA!!! SODES UNS FANTÁSTICOS XORNALISTAS







FARO DA ESCOLA 2019

Hoxe, 5 de xuño, DÍA DO MEDIO AMBIENTE, recibimos o xornal FARO DA ESCOLA, proxecto no que participamos por segundo ano consecutivo, con moitísima ilusión.


CONTACONTOS: GRISELA

O alumnado de 3º de Primaria contounos GRISELA de Anke de Vries, publicado por Kalandraka.
Son uns fantásticos narradores... Incluso prepararon un pequeno obradoiro coas nosas cores favoritas postas nun tendal.




SEGUIDE ASÍ. ESPERÁMOSVOS PARA O PRÓXIMO CURSO. MOITAS GRAZAS!!


CONTACONTOS: O COELLIÑO BRANCO

Catro amigas e estudantes do grao de Educación Infantil: Vicky, Laura, Arancha e Irene representaron con monicreques unha adaptación  do conto "O COELLIÑO BRANCO" de Xosé Ballesteros, editado por Kalandraka, máis ben "A coelliña branca".
Foi moi divertida e ademais con música!







MOITÍSIMAS GRAZAS POR COMPARTIR O VOSO TEMPO CON NÓS!!

31 de maio de 2019

CREACTIVITY EN BUEU

O alumnado de 2º a 6 º de Primaria baixaron hoxe a Bueu andando.
Combinaron visitas ao Concello, ao Museo Massó, á praza de abastos, un percorrido pola vila cun espazo moi moi especial.

Nese espazo tiveron a oportunidade de pór en xogo a sua creatividade, a experimentación  para planificar, crear, construír mediante a manipulación, a observación e a exploración.

Creactivity ofrece aos participantes a oportunidade de enfrentarse a novos desafíos de forma creativa, desenvolvendo habilidades como o traballo en equipo e a autonomía.
Creactivity inspírase no  movemento Tinkering.





PASÁMOLO XENIAL!!

29 de maio de 2019

VISITA DE ADRIÁN MORGADE

Adrián Morgade quixo ser debuxante dende que de rapaz viu por primeira vez "Batman". Dende aquela, fíxose incondicional de grandes autores do mundo do cómic como Frank Miller, Will Eisner.

Naceu en Pontevedra , pasou polas cidades da Coruña e Madrid para formarse artisticamente.

En 2014 deseñou e ilustrou o libro "Los Suaves, Mi casa es el Rock 'n' Roll" escrito por Javier Domínguez e publicado por Xerais.

Creou a marca de camisetas "Chámame can", inspirada polo seu can Xinfu. Uns meses máis tarde, nun brain storming ocorréuselle contar as aventuras deste can xunto co seu amiguiño Wini e algúns animais tamén baseados na realidade.

E , hoxe, estivo con nós na biblioteca contándonos quen é Xinfu, Wini e Chimpi e enseñándonos a debuxar caras..

Foi unha experiencia fantástica xa que no noso centro existen grandes admiradores do cómic e do debuxo.




28 de maio de 2019

O SON DAS PALABRAS


No Club de lectura de 6º, realizamos un OBRADOIRO DE POESÍA. Lemos poemas de Rosalía de Castro, escribimos acrósticos cos nosos nomes, recitamos poemas libremente e incluso nos gravamos:
FOI UNHA EXPERIENCIA PRECIOSA. A POESÍA GÚSTANOS A TODOS E A TODAS!