17 de xuño de 2019

SEMANA DE EXCURSIÓNS

Hoxe, luns 17 de xuño , o alumnado de primeiro, segundo e terceiro de primaria disfrutaron dunha xornada diferente. Visitaron o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro:  http://www.paar.es/?lang=gl

E tamén o Parque Briz en Marín:
http://www.concellodemarin.es/planeta-briz-as-aventuras-de-lua-e-xan/

Disfrutaron moitísimo.

CABO UDRA 2019

Parabéns a todas e a todos os participantes no IV CROSS CABO UDRA!

Disfrutamos dunha xornada deportiva, colaborativa e inclusiva moi especial.

Non só houbo carreiras, tamén Xogos Populares organizados polos voluntarios do Xoán XXIII, talleres de pintura tipo graffitti, chapas, rocódromo, zumba, xogamos e sobre todo... disfrutamos dun espazo natural privilexiado.

Moitas grazas a todos e a todas por coidar o entorno!

Noraboa as persoas que organizaron, colaboraron  e fixeron posible este gran evento!

https://www.farodevigo.es/deportes/2019/06/17/alvaro-prieto-rosario-figueroa-reinan/2124907.html

https://es-es.facebook.com/CrossCaboUdra

Os trofeos foron feitos polo alumnado do Taller Ocupacional do Centro Xoán XXIII




14 de xuño de 2019

IV CROSS CABO UDRA 2019

Resultado de imaxes para CARREIRA CABO UDRA 2019 




 ANIMÁDEVOS A ASISTIR ESTE DOMINGO AO IV CROSS CABO UDRA.
ALÍ ESTAREMOS ANIMANDO E DISFRUTANDO DESE MARABILLOSO ENTORNO NATURAL!!

FRIDA KAHLO

O alumnado de 6º de Educación Infantil realizou hoxe, unha fantástica exposición oral do  seu traballo de investigación sobre a pintora mexicana Frida Kahlo.


Moitas grazas pola explicación!!! Aprendemos un montón!!!

10 de xuño de 2019

ROTEIRO LITERARIO. CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

O sábado día 8 de xuño, cinco persoas do Club de Lectura de adultos, realizamos un roteiro literario: MEMORIA DO SILENCIO, SEGUINDO AS PISTAS DAS IRMÁS TOUZA DE RIBADAVIA con Eva Mejuto, Ramón Estévez, Xoán Manuel Garrido e Inés Touza.
Foi toda unha experiencia combinar espazos reais con lecturas seleccionadas do libro de Eva Mejuto.
Ver doutra maneira unha vila tan fermosa como Ribadavia, atravesada polo ría Avia, entre a serra do Faro e a serra do Suído, tan preto de Portugal. Sede dunha importante xudería entre os séculos XI e xv, terra  ribeiro e de homes e mulleres valentes, xustas e dispostas a axudar.
Teremos que seguir investigando que pasou en Galicia durante a II Guerra Mundial.

IRMÁS TOUZA

                                                              CASA
KIOSKO NA ESTACIÓN DO TREN


                              DESFILE DAS TROPAS ALEMÁS POLAS RÚAS DE VIGO

7 de xuño de 2019

VISITA DE ANA ALONSO

Ana Alonso naceu en Tarrasa (Barcelona) en 1970, aínda que residiu durante a maior parte da súa vida en León.
 Licenciouse en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de León e ampliou os seus estudos en Escocia e París.
 Publicou oito poemarios e, entre outros, recibiu o Premio de Poesía Hiperión (2005), o Premio Ollo Crítico de Poesía (2006), o Premio Antonio Machado en Baeza (2007), o Premio Alfons o Magnànim Valencia de poesía en castelán (2008) e o Premio Internacional Manuel Acuña de Poesía en Lingua Española en México (2017). 
Entre os seus libros dirixidos ao público infantil e xuvenil, destacamos a colección Chisco de Sal, e outros títulos como A casa de bonecas e Os instantes perfectos. 
Xunto a Javier Pelegrín, é coautora da serie de fantasía e ciencia ficción A chave do tempo (Anaya) e doutras sagas como Tatuaxe, Yinn, Odio o Rosa e A raíña de Cristal. En 2008 obtiveron o Premio Barco de Vapor polo Secreto de If. 
Tamén recibiron unha distinción White Raven polo libro A cidade transparente, o premio 2009 do Templo das Mil Puertas á mellor saga xuvenil española po A chave do tempo e o XII Premio Anaya de Literatura Infantil e Xuvenil en 2015 co soño de Berlín
A súa obra foi traducida a diversos idiomas (desde o francés ou o alemán ata o xaponés, o coreano e o turco).

6 de xuño de 2019

VISITA DUN APICULTOR

Hoxe estivo co alumnado de Infantil Lino, o pai de Álex.
Disfrutamos da súa charla informativa sobre as abellas e afianzamos os coñecementos para o proxecto documental das ABELLAS, que estamos realizando para a saída de fin de curso.
Trouxo o seu traxe de apicultor ou abelleiro e unha peza histórica, con valor sentimental: un protector dos que se empregaban antigamente, cando as colmeas estaban na horta da casa.
Tamén nos fixo pensar que temos que coidar o planeta, que o estamos destruíndo.




MOITAS GRAZAS POLA TÚA COLABORACIÓN!!