16 de mar. de 2020

LE EN VOZ ALTA. CAMBIA O MUNDO

Ler a outros, ler con outros.

O pasado 16 de febreiro foi o Día Mundial da Lectura en Voz Alta, baixo o lema: LE EN VOZ ALTA. CAMBIA O MUNDO.

O poder da palabra que emociona, que fai pensar, que estimula a imaxinación, que esperta os soños, que favorece a comprensión.


Entra no Plano Nacional de Leitura de Portugal e goza coas súas actividades.


PASEOS VIRTUAIS

10 museos para visitar sin saír da casa.

Biblioteca Digital Mundial:mapas, textos, fotos, gravacións, películas de todos os tempos, en sete idiomas, as xoias e reliquias culturais de todas as Bibliotecas do planeta.

13 de mar. de 2020

SEMANA DA PRENSA

A semana do 9 ao 13 de marzo é a SEMANA DA PRENSA. Este curso buscamos noticias relacionadas co medio ambiente, a sostibilidade, o coidado do planeta, a igualdade,..
Na entrada poidemos observar unha pequena mostra de xornais noutros idiomas: inglés, francés, árabe, chino, galego, español,..
No blog de Infantil podedes ver unha recompilación de noticias.



12 de mar. de 2020

"CUENTOS DE BUENAS NOCHES PARA NIÑAS REBELDES"

Un grupiño de alumnos e alumnas de 4º de Primaria leron historias dos libros: "CUENTOS DE BUENAS NOCHES PARA NIÑAS REBELDES, 100 HISTORIAS DE MUJERES EXTRAORDINARIAS".
Moitas grazas pola vosa implicación!



11 de mar. de 2020

BIBLIOLAB: UN OVO NUNHA BOTELLA?!

Mércores...  RECREO ...  no laboratorio...

Paréceche imposible? Pois sí... Hoxe observamos, formulamos hipótesis, experimentamos como un ovo entraba nunha botella e o alumnado voluntario de 6º explicounos cientificamente o que sucedeu.




COMO NOS GUSTA A CIENCIA!

10 de mar. de 2020

SARA e ÁLEX: CONTACONTOS

Hoxe, na biblioteca, recibimos a SARA e a ÁLEX que, por xentileza da Editorial Kalandraka, fixeron que gozaramos con fermosísimos contos acompañados por unha cesta e un acordeón. Escoitamos: "A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella", "Ratos de viaxe", "Aínda nada!", "O can de Milu"...

Moitísimas gracias!

9 de mar. de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O luns 9 de marzo, asistimos no Centro Social do Mar, en Bueu, a entrega de premios do certame: "A igualdade no traballo" organizado polo Concello de Bueu. 

Rapazas e rapaces do noso centro foron os encargados da declaración conmemorativa realizando unha performance na que nos fan reflexionar sobre os salarios, as profesións, os estereotipos, os micromachismos...



Exposición de bibliografía e cartel informativo sobre CONCEPCIÓN ARENAL.