A lingua de signos é unha linguaxe natural. Hoxe celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA DE SIGNOS proclamado pola ONU:
COA LINGUA DE SIGNOS, TODOS ESTAMOS INCLUÍDOS!
Inténtao con esta canción de Gaudi Galego titulada "Chea de vida":
Conto ANIMAIS en LSE (Grazas o CEIP Quiroga Palacios) da Editorial Kalandraka que está na nosa biblioteca:
A situación actual co uso de máscaras, supón unha dificultade para as persoas xordas que non poden ler os nosos labios cando falamos e así é difícil a comunicación.
Apúntate ao reto de aprender algunha palabra ou frase na lingua de signos!
Agora mesmo é moi necesario porque non podemos dar unha aperta...
Un reto... Como se dirá APERTAS, BO DÍA, OLA en lingua de signos?
Clica no blog de Orientación e poderás ver un fermoso VÍDEO-SORPRESA realizado no noso centro. Coñeces a alguén? Que alegría verse todos e todas durante a Hora de Ler!
Este martes 22 de setembro ás 15,31 horas (hora peninsular) dará comezo o outono.
Qué fermosa está a Natureza nesta nova estación! Dá un paseo polo bosque e goza coas súas cores!
Hoxe terá lugar oequinocciode outono, o día e a noite terá a mesma duración, 12 horas. Averigua o significado da palabra equinoccio e repítea varias veces... é fermosa, verdade?
As escritoras María Solar, Ledicia Costas e Fran Alonso escribiron un conto colaborativo audiovisual titulado CONTAXIO sobre a pandemia, para UNICEF. Está ilustrado por Leandro Lamas.
Está promovido pola actriz e presentadora Lucía Regueiro, Amiga do Comité Galicia de Unicef. Participan actores e actrices galegas: Xúlio Abonjo, Miguel Canalejo, Monti Castiñeiras, Isabel Naveira, Federico Pérez, Lucía Regueiro, Beatriz Serén y María Vázquez.