As nenas e os nenos de 2º de Primaria representaron cantando, en LINGUA DE SIGNOS, o conto ANIMAIS, escrito por Antonio Rubio e ilustrado por Óscar Villán, editado por Kalandraka.
Fermosísima representación que nos fala da importancia da amizade!
Retomamos a Beethoven, esta semana escoitaremos o 1º movemento da 6ª SINFONÍA tamén chamada "PASTORAL" estreada en decembro de 1808 xunto ca famosa 5ª Sinfonía .
A Pastoral é unha obra "programática" na que Beethoven, gran amante da natureza, quere transmitir os seus sentimentos inspirados nos seus paseos polo campo, dos que tanto gustaba.
Como curiosidade, decir que na película "Fantasía" de Disney podemos escoitar un anaco desta sinfonía. Aquí vos deixamos o video:
Este ano 2020 expusemos as cabazas na entrada do centro.
Eran verdadeiras obras de arte, algunhas terroríficas, moitas con máscara e con mensaxes animándonos a coidar o entorno, o mar, a vexetación, a importancia da reciclaxe...
Nesta semana de Samaín, escoitaremos "A DANZA MACABRA" do compositor Camille Saint-Saëns.
Camille Saint Saëns, inspirado nunha antiga lenda que narra como o Día de Difuntos a morte se levanta do inframundo para danzar ao longo de toda a noite cos demais mortos, compón un poema sinfónico basado no poema homónimo de Henri Cazalis:
«Zig y Zig y Zag, la cadencia de la muerte
golpeando una tumba con sus talones
la Muerte, a media noche, toca una danza
Zig y zig y zag en el violín… se oyen crujir los huesos de los danzarines…
Este ano 2020 iniciamos a Biblioteca coa adaptación, realizada polo alumnado de 5º de Primaria, do conto¿QUÉ LE PASA AL PLANETA?escrito e ilustrado por EVA CLEMENTE, editorial EMONAUTAS.
GOZADE COA LECTURA!
MOITAS GRAZAS A TODO O ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA!
Esta semana queremos homenaxear a dous grandes compositores que foron galardonados coPremio Princesa de Asturias das Artes2020, entregados o pasado venres 16 de outubro.
Dous compositores cuxas bandas sonoras trascenderon ás películas para as que foron creadas. Estamos falando de Ennio Morricone e John Williams. Autores da música de películas como "Cinema Paradiso" o "E.T. el extraterrestre", que escoitaremos ao longo desta semana.
Este curso adicámoslle o Día das Escritoras a nosa escritora, poeta, exalumna, veciña, amiga MÍRIAM FERRADÁNS FERRADÁS.
Naceu en Bon, Beluso o 16 de xaneiro de 1982. É graduada en Traballo Social pola Universidade de Vigo.
Como poeta ten publicadas:
- "Deshabitar unha casa" (2016)
- "Nomes de Fume" (2017). Obra traducida ao catalán como "Noms de fum".
- "Agosto" (2019)
- Poemas en diferentes obras colectivas, por exemplo, o poemario "Do tacto", recollido en "Roseira de Cen Follas" (2019) que recibiu o premio de Poesía Leiras Pulpeiro.
Gañou diferentes premios de poesía, entre outros, o Francisco Añón e o Premio Nacional de Poesía Xosé María Pérez Parallé. Nos últimos días foi finalista no Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego polo artigo "Aprender a contar" publicada en Sermos Galiza.
Participa en obras colectivas e en revistas especializadas.