20 de nov. de 2020

20 de novembro: DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

Nacións Unidas celebra o Día Universal do Neno e a Nena o 20 de novembro, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos da Nena e o Neno en 1989. 

Podedes ler os Dereitos ilustrados por Quino, creador de Mafalda:

https://www.unicef.org/lac/historias/10-derechos-fundamentales-de-los-ni%C3%B1os-por-quino

Unha pequena bibliografía:


19 de nov. de 2020

O UNIVERSO E O SISTEMA SOLAR 4

 Continuamos coas exposicións orais do Sistema Solar polo alumnado de 5º de Primaria. Nesta ocasión son Álvaro e Xulián.

Prestade atención!!!


 

MOITÍSIMAS GRAZAS! PARABÉNS




18 de nov. de 2020

DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO

 O 16 de novembro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO MUNDIAL impulsado pola UNESCO co obxectivo de celebrar e coidar o patrimonio e a diversidade cultural.

O Patrimonio Mundial está constituído por todos os bens naturais e culturais que existen no mundo e que forman parte da riqueza e da herdanza de toda a humanidade: monumentos, cidades, paisaxes, arte, música, danza, linguas, ecosistemas, bosques, fauna, vexetación, montañas...

Visualiza este vídeo e reflexiona... ESTÁ NAS TÚAS MANS!


O Museo Massó acaba de incorporar a súa colección O HERBARIO DE ALGAS de E. BONNING, publicado no século XIX e feito por unha científica.

Gozade con este vídeo presentación:


O poeta FRANCISCO BRINES (Oliva, Valencia, 1932) é o autor galardonado co PREMIO CERVANTES 2020, galardón máis importante da literatura en español.

Francisco Brines é un poeta intimista da Xeración do 50 e  "maestro de la poesía española actual y magisterio reconocido por todas generaciones que le suceden" destacando a súa "aspiración de belleza e inmortalidad"

 


 


15 de nov. de 2020

MINUTOS MUSICAIS!

Nesta semana, que comeza có "Día Internacional para a Tolerancia" (16 de decembro) e remata co "Día  da Infancia"(20 de novembro), escoitaremos a canción "JERUSALEMA" interpretada polos artistas  africanos Master K e Nomcebo. Canción que se está facendo viral gracias á coreografía pegadiza e alegre do grupo de nenos e nenas de Masaka Kids Africana. ONG que acolle a nenos e nenas orfos de Uganda (a sida, a pobreza extrema e o conflicto civil que leva décadas vixente, fan que Uganda sexa o país con máis nenos e nenas orfos do mundo (máis de 2´4 millóns).

A danza é unha terapia para eles: «Bailamos pola risa, bailamos polas lágrimas, bailamos pola loucura, bailamos polos medos, bailamos polas esperanzas, bailamos polos gritos, somos os bailaríns, creamos os soños».Esta é a súa filosofía e así o fan saber na súa páxina web 


DISFRUTADE  DA MÚSICA E ANIMÁDEVOS A BAILALA!!!

13 de nov. de 2020

MAGOSTO 2020!

 Hoxe foi un día especial no noso cole, celebramos o MAGOSTO!

Respectando as medidas de seguridade, participamos nun magosto diferente, saímos ao patio e gozamos cos xogos populares: a mariquitilla (mariola), a petanca, os bolos, tragacastañas, circuítos mantendo o equilibrio cunha culler e unha castaña, tres en raia humano, tira ao círculo con castañas, coloreamos castañas para poñer nuns castiñeiros... 

Decoramos preciosas pedras para xogar á mariquitilla, chamadas mariquita, tella, pedra... Elaboramos as pelotas para a petanca, os bolos

As rapazas e rapaces de 4º de Primaria bailaron e cantaron o RAP DO MAGOSTO, de Paco Nogueiras, do seu álbum Brinca Vai!

Foi unha xornada moi moi divertida!

Na biblioteca, podedes escoitar este disco e ollar este precioso libro sobre os xogos populares:


Visita o blog de Infantil e Primaria !

12 de nov. de 2020

DÍA DAS LIBRARÍAS

 

O 13 de novembro celébrase, desde o ano 2011, o Día das Librarías promovido por CEGAL e a Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura do Ministerio de Cultura e Deporte.

Este é un bo ano para pór en valor as librarías de proximidade, espazos que van máis alá da venda de libros, transformándose en motores culturais da comunidade. 

Librarías con profesionais que entenden a literatura como algo non supeditado ás modas.

Libreiros e libreiras que consiguen o imposible, que nos axudan a conformar unha colección rigorosa nas nosas bibliotecas. 

Librarías que son espazos de acubillo para alumnado e familias, con múltiples actividades compartidas.

E ti, de que libraría vés sendo?