As nenas e nenos de 6º de Infantil interpretan o conto VEO VEO, editado por Kalandraka e escrito e ilustrado por Antonio Rubio e Óscar Villán.
Non perdades detalle, xogamos?
PARABÉNS!
MOI BEN CANTADO
O blog da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Montemogos
As nenas e nenos de 6º de Infantil interpretan o conto VEO VEO, editado por Kalandraka e escrito e ilustrado por Antonio Rubio e Óscar Villán.
Non perdades detalle, xogamos?
PARABÉNS!
MOI BEN CANTADO
Nesta semana na que vimos de celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño) e se celebra o Día Mundial dos Océanos (8 de xuño), propoñemos a escoita da canción "O VELEIRO VERDE" do grupo María FumaÇa.
Unha canción que nos invita a coidar do planeta!!
Xa están próximas as vacacións de verán para gozar do tempo libre, da familia, dos libros, da praia, do monte, da natureza...
Recorda que esta semana, entre o luns 7 e o venres 11 , teremos que devolver os diferentes materiais que teñamos prestados.
E... do luns 14 ao venres 18 poderás facer o esperado e desexado
PRÉSTAMO DE VERÁN 2021!
As familias poden realizar o seu pedido para préstamo a través do correo: prestamobibliomontemogos@gmail.com
BELUSIÑA ESTÁ ESPERÁNDOTE,
ANÍMATE!
NO VERÁN, UN LIBRO NA MAN!
REIMAXINA, RECREA, RESTAURA!
Cada tres segundos, o mundo perde unha superficie de bosque equivalente a un campo de fútbol.
Restaurar os ecosistemas significa previr, deter e revertir: pasar de explotar a Natureza a curala.
Só con ecosistemas saudables podemos mellorar o medio de vida das persoas, contrarrestar o cambio climático e deter o colapso da biodiversidade.
Hoxe lánzase o "DECENIO DAS NACIÓNS UNIDAS SOBRE A RESTAURACIÓN DOS ECOSISTEMAS" (2021-2030) coa edición do "Manual de restauración dos ecosistemas, unha guía práctica para sanar ó planeta".
Proporciona pautas prácticas para restaurar oito tipos de ecosistemas: bosques, terras de cultivo, pastizales e sabanas, ríos e lagos, océanos e costas, turberas e montañas.
E ti, que podes facer para ser da xeración reimaxina?
COIDA O PLANETA,
É A CASA COMÚN DE TODAS E TODOS!
https://unenvironment.widen.net/s/fbjbmplrnb/ecosystem-restoration-playbook-spanishv3Escoita este poema de Jordan Sanchez:
O Día Mundial da Bicicleta, celébrase desde 2018 grazas a un decreto da ONU.
É un medio de transporte sostible moi importante porque cando usas a túa bici, ademais de divertirte e manterte en forma... COIDAS O PLANETA!
A bicicleta foi o resultado dunha serie de intentos fallidos para inventar un vehículo innovador a mediados do século XIX. Existen moitos tipos de bicis: de montaña, híbridas, de ruta, urbanas. As competicións de ciclismo máis importantes son: Giro de Italia, Tour de Francia, A volta a España.
ANÍMATE e celebra este día usando a túa bicicleta!
Escoita a adaptación radiofónica da obra de teatro "Las bicicletas son para el verano" de Fernando Fernán Gómez na Cadena Ser
https://www.ivoox.com/bicicletas-son-para-verano-audios-mp3_rf_739286_1.html
Os nenos e nenas de 5º de Infantil fixeron unha versión cantanda do conto da editorial Kalandraka "Violín", escoitade o ben que o fan:
O valor das palabras, palabras cheas de vida, palabras que son apertas, palabras que son sorrisos, palabras cheas de música, palabras de POESÍA, palabras para XELA.
Na baixada están as nosas nunha tarandeira...