29 de out. de 2021

SAMAÍN TERRORÍÍÍÍÍÍFICOOOO!

 Ao longo desta semana gozamos coa lectura de libros de medo, de morcegos, arañas, vampiros, vampiras, lobos, bruxas, curuxas, catrinas, pasteis de cabazas, avoas dentro de cabazas,  sopas...





A Santa Compaña voltou para asustarnos coa súa música e traxes negros grazas ao alumnado de 5º de Primaria que a representou polos corredores. 




Bailamos todos xuntos "Un poco loco" da película COCO de Luis Ángel Jaramillo e Gael García:


Moitas grazas familias pola vosa colaboración!
Aquí podedes ver un vídeo resumo:


SAMAÍN: EXPOSICIÓN DE CABAZAS E FIGURAS DE FOLLACO

Na entrada do colexio podedes visitar unha fantástica exposición de cabazas e manualidades elaboradas con follaco. 

Moitas grazas familias pola vosa colaboración, sen ela  non sería posible esta actividade!

Visualiza a presentación:




27 de out. de 2021

OS BELULECTORES

O alumnado de 6º de Primaria participa nos dous grupos de "CLUB DE LECTURA".

Iniciamos a súa andaina co libro A FOLLA AZUL, escrito por Andrea Maceiras e publicado por Xerais.

 





LECTURAS TERRORÍFICAS!

Durante esta semana, durante a HORA DE LER, trae unha lanterna para ler os teus libros favoritos de medo, de pantasmas, meigas, curuxas, vampiros, arañas, gatos negros, lobos, cabazas...

EMOCIÓNATE COA LECTURA!


24 de out. de 2021

MINUTOS MUSICAIS

 Ao longo desta semana na que celebramos o Samaín, escoitaremos "Na cova do rei da montaña". Unha peza de música orquestral composta por Edvard Grieg en 1875 como música incidental para a sexta escena  da obra de teatro Peer Gynt. 


                                      FELIZ SEMANA!!!

24 de outubro DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe, 24 de outubro, celébrase o DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS,  recordando a destrución da Biblioteca de Sarajevo incendiada no ano 1992 durante a guerra dos Balcáns.

Alberto Moital, concelleiro de Patrimonio, Arquivo e Bibliotecas, invitounos a participar no xogo "Cita co libro" na biblioteca Torrente Ballester de Bueu.

Trátase dun xogo de pistas que consiste en adiviñar que libro se agocha nunha serie de caixas.

Anímate e participa do 21 ao 29 de outubro!



UNHA BIBLIOTECA CON RAÍCES NO CAMPO!

Co gallo do DÍA DAS BIBLIOTECAS visitamos a Biblioteca Pública de Beluso para coñecer a súa historia e as súas instalacións.

Da man de Belarmino Barreiro, arquiveiro municipal, soubemos que a Sociedade de Labregos El Progreso de Beluso, traballando todos xuntos, construíron unha casiña para as súas reunións con pedra do monte Borrallido.

Pouco a pouco, con diferentes aportacións, foise creando unha biblioteca a mediados do ano 1934. Aquí estiveron Castelao, Alexandre Bóveda, Johan Carballeira...

Despois da Guerra Civil (1936-1939) o edificio pasa ao Estado. Chegando a estar abandonado. Na década de 1970 pasa a ser unha Biblioteca estatal e arredor de 1996 encárgase do seu coidado o Concello de Bueu.

A BiBLIOTECA PÚBLICA DE BELUSO nace do campo, dos labregos, dos nosos tataravós, bisavós de persoas que pensaban que os libros son moi moi importantes para adquirir CULTURA.




A continuación, da man da bibliotecaria, Rosi, recibimos formación de usuarios e coñecemos a biblioteca.










Durante a visita, o alumnado de 1º de Primaria fíxolle unha interesante entrevista a Rosi. Descubrimos que a nosa Belusiña ten un compañeiro na biblioteca de Beluso. 

ANIMÁDEVOS A VISITALA E  DESCUBRIR A SÚA MASCOTA!

Moitísimas grazas Belarmino, Rosi e  Alberto Moital por acompañarnos neste día tan importante!