19 de dec. de 2021

MINUTOS MUSICAIS!!

 A audición desta semana na que todos e todas estamos ansiosos pola chegada das vacacións e do Nadal, escoitaremos a panxoliña "FESTEXANDO O NADAL".


                              FELIZ SEMANA E FELICES FESTAS!!

16 de dec. de 2021

GUÍAS DE LECTURA NADAL 2021

Compartimos con vós a GUÍA DE LECTURAS DOS EQUIPOS de DINAMIZACIÓN da LINGUA GALEGA DO MORRAZO: 

MERGULLÁNDONOS NO GALEGO

Nela atoparedes recomendacións lectoras para Infantil, Primaria, Secundaria e persoas adultas.

Grazas a Fernanda Patricia do IES As Barxas, de Moaña, polas ilustracións.

O mellor agasallo... UN LIBRO!

Felices lecturas!



 


15 de dec. de 2021

LEDICIA COSTAS e BERTA DÁVILA

Ledicia Costas foi galardonada co Premio Merlín de Literatura Infantil coa súa obra "O NENO DE LUME".

Berta Dávila, pola súa banda, obtivo o Premio Xerais de Novela e o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil con "OS SERES QUERIDOS" e  "UN ELEFANTE NA SALA DE ESTAR".

ANÍMATE A LER ALGUNHA DAS SÚAS NOVELAS!

NORABOA ÁS PREMIADAS! 



13 de dec. de 2021

" A FOLLA AZUL"

Rematamos a lectura de " A FOLLA AZUL" un libro que nos gustou moitísimo a todas e todos e a ninguén deixou indiferente. 

Animádevos a participar nun Club de Lectura é unha experiencia fantástica!




12 de dec. de 2021

MINUTOS MUSICAIS!!

 Nesta última semana de trimestre, escoitaremos a panxoliña de Iván Vale "CHEGOU O NADAL". 

                                         ANIMÁDEVOS A CANTALA!!!


                                                FELIZ SEMANA!!!

5 de dec. de 2021

MINUTOS MUSICAIS!!

Nesta semana, a audición que propoñemos é a Marcha do Ballet "O Crebanoces", un ballet en dous actos con música do compositor ruso Tchaikovski. É un dos ballets máis representados e coñecidos.

 Todo un  clásico no  Nadal!!


FELIZ SEMANA




4 de dec. de 2021

3 DE DECEMBRO: Día internacional da Diversidade Funcional

DERRUBANDO LÍMITES!

Cada día desta semana estivemos traballando diferentes capacidades con actividades, xogos, dinámicas, lecturas...

O luns, os nenos e nenas atoparon na entrada do centro unha pregunta: QUE PASARÍA SE...? 

Cada día foise unindo unha imaxe de discapacidade física, intelectual, visual, auditiva, mudez... 

O obxectivo da proposta foi concienciar ao noso alumnado a través do diálogo e poñéndose no lugar dos demais.

O venres 3, DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL, o mural estaba completo. Nas imaxes podían ler os códigos QR coa información dos protagonistas da semana: Joaquín Rodrigo, Susana Rodríguez... e a mensaxe:

CON ESFORZO PODEMOS LOGRAR GRANDES METAS!