21 de set. de 2022

FIC Bueu 2022

 Esta mañá de martes, as nenas e nenos de Infantil e Primaria asistiron á proxección das curtametraxes do FIC (Festival Internacional de Curtametraxes) de Bueu no Centro Social. 

Visualizamos curtas de varios países ( Francia, Alemaña, Países Baixos, EEUU, Bélxica...) con temática diferente, por exemplo, solidariedade, medo, contaminación, amizade, convivencia, superación, medio ambiente...







 
Antes de asistir á visualización debuxamos e ao regresar ao centro valoramos as curtas.





Foi unha experiencia de cine!



19 de set. de 2022

Minutos musicais!

Setembro é mes de inicio de curso pero tamén de recollida de produtos agrícolas.

É tempo de recollida do millo, de mazás, de uvas, de vendimar... 

As tarefas agrícolas teñen o seus cantares.

A ver si adiviñades de que trata este canto de Treixadura...

 

O pintor impresionista valenciano Joaquín SOROLLA, coñecido como o Pintor da Luz pintou en 1914, dez bocetos ao óleo, titulados VENDIMANDO EN JÉREZ sobre todos os traballos relacionados coa vendima. Estas obras están na Casa Museo Sorolla en Madrid.


FELIZ SEMANA!

16 de set. de 2022

Somos artistas!

Este curso o novo Proxecto Documental de centro versará arredor das Artes Plásticas e a súa relación con outras ciencias, co nome de imaxinARTE. 

Estades preparados e preparadas pois... 

Todo o que poidades imaxinar é real! (Pablo Picasso)








12 de set. de 2022

Minutos musicais!

 Iniciamos o curso demostrando que somos uns auténticos artistas.

Esta semana escoitaremos "Eu son un artista" do grupo Mamá Cabra, canción incluída no seu libro, CD, DVD "ola, ola, la!" , editado por Galaxia, que está a vosa disposición na biblioteca.

Desexámosvos unha FELIZ SEMANA!



7 de set. de 2022

Un día especial!

Fainos moita ilusión comezar de novo e queremos convertelo nun día especial para ti.

Canta, baila, brinca e goza deste novo curso que imos iniciar!

Escoita "Un día Especial" de A Gramola Gominola.

Feliz inicio de curso!


BENVIDAS e BENVIDOS!

29 de xul. de 2022

Feliz verán 2022!

 É tempo de VERÁN.

Tempo para LER en diferentes lugares. So ou en compañía...

Tempo para ESCRIBIR un diario, unha carta, un poema, unha canción, un microrrelato, un relato...

Tempo para VISITAR museos, bibliotecas, espazos naturais...

Tempo para ESCOITAR,

para BAILAR, 

para PASEAR, 

para VER películas,

para XOGAR, 

para CONVERSAR,

para DESCANSAR, 

para CARGAR as pilas de cara ao próximo curso...

FELIZ VERÁN!!!



1 de xul. de 2022

Entrega de premios

O luns 27 de xuño tivemos a honra de asistir á entrega de premios do V Concurso de Microrrelatos convocado pola Real Academia Galega e a Asociación Punto Gal. 

O relatos premiados os podedes atopar nas webs da Real Academia Galega e PuntoGal e, en breves, tamén poderemos gozar destas obras en papel da man da revista Luzes.

"Temos en Galicia un feixe inmenso de creadoras, que ilusionan, que van da man de mestras da nosa escola pública, de nais e pais que lles crean un entorno onde a ilusión é posible. Son futuras neurólogas, profesoras, deportistas. Son galegas de nacemento ou vidas de Tarragona, de calquera lugar. Son país" Lois Alcayde Dans. 

Queremos darlle a noraboa a todas as participantes, tal e como salientaban os membros do xurado xa que, ten tanto valor quen se atreve a escribir e participar, como quen gaña o concurso. 

Especialmente hai que darlle a noraboa a Elena e a Antía, Bueu e Beluso estamos moi orgullosos de vós. 

Seguide escribindo, seguide contando e seguide emocionándonos.

Estamos seguras de que volveremos a vervos en máis premios!











Podedes ler todos os microrrelatos:

Podedes visualizar o vídeo da entrega de premios aquí.