Durante este mes de abril, mes dos libros a nosa bilioteca convértese nun fervedoiro de actividades coa gran axuda dos voluntarios e voluntarias.
Expositores de libros diferentes, de imaxes, tacto, realidade aumentada... polos corredores.
Actividade colaborativa de escritura creativa: Cal é o teu personaxe de libro favorito? debuxo e breve descrición do personaxe principal do seu conto favorito.
O acoso escolar, tamén chamado "bullying", é un dos grandes problemas aos que nos enfrontamos actualmente tanto na escola como na sociedade. Segundo UNICEF, 2 de cada 3 nenos ou nenas foron intimidados polos seus compañeiros algunha vez, tanto física coma psicoloxicamente. Cada un de nós pode axudar a previr e erradicar este problema que afecta á saúde mental, a calidade de vida e ao rendemento académico das vítimas.
Debemos educar en valores sociais e morais positivos, estimulando a autoestima.
Esta semana escoitaremos "Lo bonito es" composta no colexio Lourdes FUHEM para concienciarnos sobre este grave problema. Tamén a podes cantar en Lingua de Signos
"Lo bonito es" que a xente se queira e se respecte SEMPRE!
Música orixinal e composición: Javier Santamaría Muñiz, docente do colexio Lourdes
Realización do vídeo: Mariola Olcina Alvarado, do departamento de comunicación de FUHEM.
Grazas ao colexio Lourdes por compartir esta fermosísima canción!
Estade moi atentos e atentas ás actividades desta semana!😉
Hoxe, sábado 29 de abril, o IES Johan Carballeira organiza, en colaboración co Concello de Bueu, as comunidades educativas e diferentes entidades o II Festival Art For Change, un encontro coa ciencia e a arte na praza Massó, con actividades no Museo Massó e outras ubicacións.
O recaudado será para a asociación de divulgación e conservación do fondo mariño, 13 GRADOS e a ONG, Save the Children.
Esperámosvos! Busca e participa no stand do noso centro!
O 22 de abril conmemórase o Día da Terra para crear unha conciencia común aos problemas da sobrepoboación, a contaminación, a conservación da biodiversidade, o quecemento global e outras preocupacións ambientais para protexer a Terra.
É un día para render homenaxe e recoñecer á Terra como o noso fogar, así como expresárono distintas culturas ao longo da historia, demostrando a interdependencia entre os seus moitos ecosistemas e os seres vivos que a habitamos.
Está na nosa man acabar coa contaminación e intentar retrasar o cambio climático.
E ti... que podes facer? Ponte en marcha XA. A Terra é a nosa casa.
Esta semana escoitaremos a Roberto Carlos cantando "O progreso" para concienciarnos que o progreso debe estar en harmonía co medio ambiente.
Averigua o motivo polo que esta semana poñemos unha canción en portugués.
O venres 21 de abril, o alumnado de 5º de Primaria visitou oEstaleiro do Purro, centro museístico da cultura mariñeira, patrimonio industrial e marítimo do noso concello. Actualmente é unha prolongación do Museo Massó
Foi a derradeira carpintería de ribeira en activo da ría de Pontevedra, nela formáronse moitos traballadores e construíronse embarcacións que aínda están en activo.
Grazas ao concelleiro Xosé Leal e ao concello de Bueu por facilitarnos a visita.
A continuación os nenos e as nenas de 5º e 6º de Primaria asistiron, con outros centros educativos do concello, a unha charla divulgativa da asociación 13 GRADOS para a conservación do fondo mariño das Rías Baixas.