A nosa felicitación ao Club do Mar Bueu e a súa traiñeira Maruxía que acaban de ascender á ACT (Asociación de Clubes de Traiñeiras). É unha das doce mellores tripulacións de España.
Parabéns!
O blog da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Montemogos
A nosa felicitación ao Club do Mar Bueu e a súa traiñeira Maruxía que acaban de ascender á ACT (Asociación de Clubes de Traiñeiras). É unha das doce mellores tripulacións de España.
Parabéns!
Novo curso... novo Proxecto Documental de Centro... EN XOGO!
Durante este ano fomentaremos, investigaremos, expoñeremos, xogaremos, gozaremos cos DEPORTES e a práctica saudable de actividades físicas.
Mens sana en corpore sano, locución latina que significa mente sa en corpo san que nos anima a realizar actividades físicas para estar en mellores condicións para ler, estudar, comprender, crear...
O primeiro día de clase foi moi emocionante. Despois das presentacións e dunha primeira toma de contacto todos e todas comentamos como nos sentiamos neste momento inicial do curso plasmándoo nun debuxo, nunha palabra ou pequena frase que pegamos en diferentes materiais deportivos.
Despois do recreo participamos en varios xogos colectivos en equipos de diferentes idades: balonmán, relevos con culler, salto de altura, escalada, baloncesto, fútbol, tira á diana, tenis de mesa e paralímpicos.
Gozamos dunha xornada moi divertida!
Comezamos un novo curso con moita ilusión e moitas ganas de aprender, de xogar, de ler, de estar en forma, de facer deporte, de convivir...
Nesta primeira semana de curso iniciamos as audicións musicais matinais coa canción de Shakira: Waka Waka (Esto es África).
Adiviñas cal vai ser o tema do Proxecto Documental deste curso? Un adianto... non é fútbol!😉
O microrrelato escrito por Nerea Villanueva de 6º de Primaria, titulado "Somos mulleres" resultou finalista da categoría Infantil do VI Concurso de Microrrelatos convocado pola Real Academia Galega e PuntoGal.
Os relatos gañadores e finalistas serán publicados proximamente na revista Luzes.
Parabéns para Nerea e para todas e todos os participantes neste concurso, especialmente aos nenos e nenas do noso centro!
Grazas pola ledicia e a motivación que dá acadar por segundo ano consecutivo un premio neste certame!
Ánimo e a seguir escribindo, contando, emocionando...
Máis información en:
No verán unha lectura sempre na man!
Visita a plataforma de préstamo dixital para bibliotecas escolares E-LBE-2 e goza de diferentes lecturas.
Lecturas para aprender, lecturas para divertirte... lectura para gozar!
Visita o Museo Massó e participa nos seus obradoiros de verán.
http://museomasso.blogspot.com/
Museo Massó- Rúa Montero Ríos s/n- 36930 Bueu (Pontevedra)- Telf. 886 151 101- museo.masso@xunta.gal