O blog da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Montemogos
28 de out. de 2024
24 de out. de 2024
Día das Bibliotecas
Hoxe tivemos unha representación teatral polo Día das Bibliotecas. Cinco xéneros literarios tiveron que descubrir o misterio de quen eran e de onde viñan, todo organizado polo terrible... teatro!
Coa participación de catro familias (Álex, Antía, Arantxa e Maika) e dous profesores (Xosé Manuel e Bruno), a obra foi representada para todo o alumnado que se mostrou moi participativo e entusiasmado. Ao final, fomos, como non podía ser de outra maneira, á biblioteca para crear unha historia improvisada e dialogar sobre os motivos polos que nos gusta este espazo.
Presentación de "As tres vidas e as catro mortes de Roberto Seoane"
Mañá, 25 de outubro, o escritor Serafín Parcero Pérez presentará o seu último libro na Casa do Pobo de Beluso: "As tres vidas e as catro mortes de Roberto Parcero".
Animádevos a asistir!
Grazas a ASBEL por organizar este encontro literario!
22 de out. de 2024
Apertura da biblioteca!
O venres 18 visitounos Tito Otero, un mestre xubilado que dende os 15 anos anda a percorrer o mundo. As súas viaxes levárono a cinco dos seis contenintes (na Antártida non estivo), e en algún deles visitou todos os países contidos! Menudas historias viviu e cantos recordos trouxo consigo.
O proxecto documental deste ano é "Imos de viaxe!" así que pareceunos que podía ser unha boa idea relacionar as súas aventuras con algúns títulos da biblio para que as rapazas e rapaces sepan que, se teñen curiosidade, poden atopar todo nestas catro paredes (son algunhas máis, pero quen as conta...).
Os/as estudantes puideron escoitalo en dúas tandas: unha primeira de 40 minutos para infantil ata 2º de primaria; e unha segunda de 55 minutos de 3º a 6º de primaria.
Quedaron abraiados!
21 de out. de 2024
MINUTOS MUSICAIS!
Tanxugueiras é un grupo de pandeireteiras formado por Aída Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. O grupo traballa co xénero da música tradicional galega tratando de darlles ás pezas unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao estilo da world music ou mesmo do pop.
14 de out. de 2024
MINUTOS MUSICAIS!
7 de out. de 2024
MINUTOS MUSICAIS!
A
banda da Loba é un grupo de música galega integrado por
cinco mulleres que uniron as súas traxectorias individuais para crear un
proxecto colectivo. Mesturando pop, blues, folk, rock e sons tradicionais crean un estilo musical
de seu, heteroxéneo e singular.
Discografía:
· Bailando as rúas (2017)
·
Fábrica
de luz (2019)
· Hasme oír (2021)
·
Xabón
lagarta (2022)
· Lovismo (2025)















