21 de mar. de 2013

DÍA DA POESÍA E DA ÁRBORE

"Pío, pío un paxariño lendo un libriño.
Non o podo crer".
Que día tan fantástico! Hoxe veu Anxo Moure para contarnos contos, que falan da Natureza, de árbores, de paxaros e de nenos responsables de coidar os bosques.
Se queredes ler máis contos entrade en http://www.contosolidarios.org/prensa_bicitaxi.htm  atoparedes historias sobre a illa de Ons, ver unha biblioteca nunha árbore,...
A NATUREZA É POESÍA

20 de mar. de 2013

DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA


O XOVES 21 DE MARZO DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA  ESTARÁ CON TODOS NÓS ANXO MOURE PARA CONTARNOS A HISTORIA DE “O CARBALLO CON BOTAS”.


Se queres saber máis:

OLIVER BUTTON



   Hoxe pola mañán tivemos teatro no colexio. A obra representada titulábase "OLIVER  BUTTON", unha adaptación do libro "Oliver Button é unha nena" do autor Tomie de Paola. Dámoslle as grazas aos alumnos de 4º da ESO do COLEXIO VIRXE MILAGROSA de BUEU.

Si queredes ler máis información e ver fotos visita:
http://tarandeira.blogspot.com.es/

UN MAR DE POEMAS

    Aquí temos unha mostra dos POEMAS DO MAR, aportación das familias e do alumnado.
Recomendamos que visiten a exposición completa nos pasillos do colexio.
É MOI INTERESANTE



19 de mar. de 2013

ANA ALONSO ESTARÁ NA NOSA BIBLIOTECA!

O VINDEIRO MÉRCORES DÍA 20 DE MARZO CONTAREMOS COA VISITA DA ESCRITORA ANA ALONSO. AUTORA ,ENTRE OUTROS ,DA COLECCIÓN PIZCA DE SAL.
Pizca de sal é unha colección que introduce aos nenos e nenas nun mundo de imaxinación a través das súas divertidas historias e personaxes. Os relatos desenvolven contidos de distintas áreas do currículo de Educación Primaria, reforzando a súa aprendizaxe e fomentando á vez o gusto pola lectura.

Para ver fotos e opinións da visita entra en TARANDEIRA

14 de mar. de 2013

O COELLIÑO BRANCO

Hoxe os de 3º de primaria contaron "O coelliño branco",  un dos contos favoritos de todos os nenos. Este xoves o público eran os maiores do cole. Seguro que o xoves vindeiro han ter tanto éxito cos máis novos.
MOITAS  GRACIAS POR UNHA HORA DE LER DIFERENTE.