11 de out. de 2013

VERDI, 200 ANOS

  

Giuseppe Verdi, atormentado pola degracias persoais e gran admirador de  Shakespeare , foi quen de compoñer algunha das mellores óperas da historia da música: 

Rigoletto,

              La Traviata e

                                  Il Trovatore


   Unha pequena homenaxe ao se cumplir 200 años do seu nacemento(10-10-1813).



ALICE MURNO, Nobel de Literatura 2013

   A "mestra do relato curto", Alice Murno, escritora canadiense, foi galardonada co Premio Nobel de Literatura.
   Seguidora de autores como: Vargas Llosa, García Márquez ou Borges, é a decimoterceira muller que recibe o Nobel en Lieratura.

"Levo tantos anos escribindo que non sei facer nada máis"

4 de out. de 2013

27 de set. de 2013

OLA! BENVIDOS AO NOVO CURSO



Ola a todos e todas.
Estade atentos que pronto haberá sorpresas. 
Vémonos na Biblio.

23 de set. de 2013

ALVARO MUTIS

O escritor e poeta colombiano Álvaro Mutis, finou aos 90 anos de idade este domingo, 22 de setembro, na cidade de México.
Na súa traxectoria destacan o Premio Xavier Villarrutiano 1988, o Premio Píncipe de Asturias das Letras  no 1997, o Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana no 1997, o Premio Cervantes no 2001 e o Premio Internacional Neustand de Literatura no 2002.


"OS  PREMIOS NON SON PARA OS ESCRITORES, SON PARA OS LIBROS"

27 de xuño de 2013

PECHADO POR VACACIÓNS

Coas recomendacións para as lecturas do verán



 
o Equipo de Biblioteca desexa que os nosos usuarios disfruten

dun verán de praia, descanso e lecturas fantásticas.

13 de xuño de 2013

A VODA DO PIOLLO E A PULGA














 
     
       Coa representación do conto " A voda do piollo e a pulga" por parte de alumnos de 4º de primaria demos por rematada a actividades "XOVES DE CONTO" por este curso.
   O equipo de biblioteca quere agradecer a gran colaboración que as titorías e os nenos perstaron a actividade. Animarvos a continuar.
O  VINDEIRO CURSO MÁIS.
UN FORTE APLAUSO PARA TODOS OS "CONTACONTOS"