Unha novela que nos lembra que "as pequenas emocións son os grandes capitáns das nosas vidas".
O blog da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Montemogos
28 de maio de 2014
O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS
Desde a nosa biblioteca, viaxamos ata Auvers con Marcos Calveiro para descubrir, a través da súa novela, a vida e obra do xenial pintor Vincent van Gogh.
Unha novela que nos lembra que "as pequenas emocións son os grandes capitáns das nosas vidas".
Unha novela que nos lembra que "as pequenas emocións son os grandes capitáns das nosas vidas".
27 de maio de 2014
LUIS DAVILA E MARCOS CALVEIRO !
26 de maio de 2014
"PIGACÍN Y LOS GRANDULLONES"
Esta mañán, as nais de Jose e Marcos, de primeiro, viñeron contarlles "PIGACÍN Y LOS GRANDULLONES" aos alumnos do 1º ciclo de primaria.
MOITAS GRACIAS!!!
22 de maio de 2014
PREMIO PRINCIPE DE ASTURIAS DA COMUNICACIÓN
Quino, o pai de Mafalda, gaña o Príncipe de Asturias da Comunicación e Humanidades 2014!
OS NOSOS PARABÉNS!!!
O premio chegalle o mesmo ano no que se celebra e 50 aniversario da creación deste popular cómic.
Quino plasmou o mundo dos adultos visto dende os ollos dun grupo de nenos no que a protagonista é unha nena preguntona, intelixente, irónica, inconformista, preocupada pola paz e os dereitos humanos, que odia a sopa e ama aos Beatles.
OS NOSOS PARABÉNS!!!
19 de maio de 2014
ESMERALDA. UN POEMA DE XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO
DENDE O CEIP MILLADOIRO DE MALPICA CHÉGANOS ESTA FERMOSA VERSIÓN DA POESÍA "ESMERALDA" DE XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE TANTO COMO A NÓS.
16 de maio de 2014
UN MURAL MOI MARIÑEIRO
Unha vez máis dentro das actividades de colaboración familia-escola, hoxe recibimos na Biblioteca a visita do sr José. avó de Paulo ( 5º de E.I.) e de Pepi, a súa nai.
Contaron un conto e dibuxaron un mural do mar que agora imos colorear entre todos.
Damoslles as gracias. Estamos encantados de contar coa colaboración de todas as persoas que queiran achegarse ao colexio a compartir cos nosos nenos e nenas o seu saber. GRACIAS!!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)