30 de abr. de 2015

AS FAMILIAS CONTAN!!

Hoxe ,xoves 30 de abril, rematamos as actividades programadas no  "MES DOS LIBROS".
A mamá de Cristina ( 4º de infantil) contou dous clásicos para os máis pequenos : "La lechera" e "La ratita presumida".


 UN MES CARGADO DE LECTURAS!!

 MOITÍSIMAS GRACIAS A TODOS E TODAS POR COMPARTIR CON NÓS UN ANAQUIÑO DO VOSO TEMPO!!!

28 de abr. de 2015

AS FAMILIAS CONTAN!

Hoxe acercouse ata o colexio Palmira, a mamá de Roi, a contarnos tres historias: "Los tres cerditos", "Ricitos de oro" e un conto de monstruos ao que lle puxeron son os nenos.



 UN VERDADEIRO PRACER!

27 de abr. de 2015

AS FAMILIAS CONTAN!!

Continuamos con actividades de animación á lectura na nosa biblioteca por parte das familias.
 Hoxe contamos con dúas mamás.  Para o público de Infantil , 1º e 2º cursos, Esther- mamá de Oliver- agasallounos con dous maravillosos contos: "El oso fabuloso"e "Concierto para animales".  Os de  5º de primaria poideron desfrutar da lectura dun apaixoante capítulo de "Escarlatina, a cociñeira defunta"a cargo de Belén, a mamá de Pablo Fernández. MOITAS GRACIAS ÁS DÚAS!!





24 de abr. de 2015

"CUENTOS DE DOS EN DOS"

Na Hora de Ler, os nenos e nenas de 5º de primaria foron polas aulas do colexio para ler uns contos que eles inventaron por parellas, de ahí o seu título "Cuentos de dos en dos". Un traballo moi orixinal co que todos e todas desfrutamos .



      
    GÚSTANOS COMPARTIR!

AS FAMILIAS CONTAN!!

Hoxe disfrutamos escoitando a Mónica en compañía da súa filla Mara (4º de Infantil).
Entre as dúas nos contaron dous divertídísimos contos:  "Imos cazar un oso"  e                                      "A casa da mosca chosca".

 

Por outra banda, os nenos e nenas de 6º curso poideron escoitar un poema en italiano que recitou Anna, mamá de Manuel.


                                           UN MILLÓN DE GRACIAS!

23 de abr. de 2015

"DÍA DO LIBRO"

Hoxe celebramos por todo o alto o "DÍA DO LIBRO".
A primeira hora ,no salón de actos,un grupo de pais e nais dramatizaron  o conto
  "LOS TRES CERDITOS".
 Na Hora de Ler, na biblioteca, un grupo de nenos e nenas voluntarios de 6º curso representaron o conto "A toupiña que que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza".

E para rematar, os nenos e nenas de 4º de Infantil recitaron o poema de Gloria Fuertes"Don libro está helado" .
Aquí tendes unha mostra destas fantásticas actuacións:












UN PRACER ESCOITARVOS A TODOS E COMPARTIR ESTE FERMOSO DÍA!!

22 de abr. de 2015

AS FAMILIAS CONTAN !!

Como xa ben sendo habitual neste mes dos libros,contamos coa colaboración das familias para contarnos contos dentro da actividade: AS FAMILIAS CONTAN!

Hoxe comenzou Amparo en compañía do seu fillo Hugo (6º de Infantil) que con apoio audiovisual nos narraron o libro que tanto nos gusta "El grúfalo".

MOITÍSIMAS GRACIAS!!!!