O blog da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Montemogos
12 de out. de 2015
DE FRANKENSTEIN Á ÚLTIMA TECNOLOXÍA DA LUZ.
Aquí vos deixamos un cuestionario sobre a exposición que temos no colexio.
9 de out. de 2015
ABRIMOS A BIBLIOTECA!!!
Hoxe abrimos a biblioteca! Para celebralo os nenos e nenas de 6º de primaria fixeron unha adaptación dun conto que nos gusta moito "O grilo silandeiro". Na Hora de Ler todo o alumnado se acercou para escoitar a fermosa historia da man dun grupo de "Voluntarios lectores".Foi todo un éxito!!!
MOITAS GRACIAS!!!!
8 de out. de 2015
NOBEL DE LITERATURA 2015!
A escritora e periodista bielorrusa Svetlana Alexiévich é a gañadora do Premio Nobel de Literatura 2015.
Autora de "Voces de Chernóbil" e "Tiempo de segunda mano"é considerada como unha mestra da reportaxe literaria. Unha escritora que retrata a realidade e o drama da poboación da antiga URSS ,así coma os sufrimentos de Chernóbil, a guerra de Afganistán e os conflictos do presente.
7 de out. de 2015
DE FRANKENSTEIN Á ÚLTIMA TECNOLOXÍA DA LUZ!
Como peche ao PDI, desenvolvido ao longo do curso 2014-15 "conCiencia" e relacionado co Ano Internacional da Luz, temos a disposición de toda a comunidade educativa unha exposición cedida polo IES Johan Carballeira de Bueu na entrada do colexio.
Un traballo que parte da novela "Frankenstein o el moderno Prometeo" de Mary Shelley,considerada a pioneira do xénero da ciencia ficción, para chegar,a través da investigación dos descubrimentos científicos que inspiraron a autora , á posibilidade de xerar luz a partir da corriente eléctrica.Un traballo no que estamos a investigar e descubrir cousas moi interesantes.
Dende aquí queremos agradecer ao IES JOHAN CARBALLEIRA o préstamo desta exposición e darlle os nosos máis sinceros PARABÉNS polo traballo tan ben feito. MOITÍSIMAS GRACIAS!!!
Un traballo que parte da novela "Frankenstein o el moderno Prometeo" de Mary Shelley,considerada a pioneira do xénero da ciencia ficción, para chegar,a través da investigación dos descubrimentos científicos que inspiraron a autora , á posibilidade de xerar luz a partir da corriente eléctrica.Un traballo no que estamos a investigar e descubrir cousas moi interesantes.
Dende aquí queremos agradecer ao IES JOHAN CARBALLEIRA o préstamo desta exposición e darlle os nosos máis sinceros PARABÉNS polo traballo tan ben feito. MOITÍSIMAS GRACIAS!!!
6 de out. de 2015
PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL 2015
A escritora Ledicia Costas gaña o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015 pola súa novela "Escarlatina,a cociñeira defunta".
Un libro que obtivo un gran éxito entre os nosos lectores do Club de lectura e 5º de primaria e que recomendamos. Foi todo un pracer podela ter entre nós e compartir uns momentos moi agradables.
PARABÉNS Ledicia !!!
22 de set. de 2015
PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA !
O escritor zaragozano Ignacio Martínez de Pisóngaña o Premio Nacional de Narrativa coa novela "La buena reputación".Nela aborda a migración dos xudeos na España franquista, un éxodo de milleiros de persoas —foron uns 25.000— que, aínda con outros protagonistas, é completamente vixente.
10 de set. de 2015
BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS!
Comenzamos este novo curso con moita ilusión e orgullosos de formar parte da "rede de bibliotecas solidarias" de Galicia.
Agradecemos a toda a comunidade educativa o traballo desenvolvido para ser merecedores deste premio,en especial aos nenos e nenas que de maneira totalmente altruísta se ofreceron voluntarios para levar a cabo actividades en prol da lectura, xestión e dinamización da biblioteca escolar.
MOITAS GRACIAS !!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

