7 de out. de 2015

DE FRANKENSTEIN Á ÚLTIMA TECNOLOXÍA DA LUZ!

Como peche ao PDI, desenvolvido ao longo do curso 2014-15  "conCiencia" e relacionado co Ano Internacional da Luz, temos a disposición de toda a comunidade educativa unha exposición cedida polo IES Johan Carballeira de Bueu na entrada do colexio.
Un traballo que parte da novela "Frankenstein o el moderno Prometeo" de Mary Shelley,considerada a pioneira do xénero da ciencia  ficción, para chegar,a través da investigación dos descubrimentos científicos que inspiraron a autora , á posibilidade de xerar luz a partir da corriente eléctrica.Un traballo  no que estamos a investigar e descubrir cousas moi interesantes.



Dende aquí queremos agradecer ao IES JOHAN CARBALLEIRA  o préstamo desta exposición  e darlle os nosos máis sinceros PARABÉNS polo traballo tan ben feito. MOITÍSIMAS GRACIAS!!!





Ningún comentario: