26 de maio de 2016

SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS:teatro!!

Os nenos e nenas de 6º de primaria representaron a obra de teatro "AVENTURAS E DESVENTURAS DUNHA ESPIÑA DE TOXO CHAMADA BERENGUELA" de Manuel María.




Uns verdadeiros artistas!
PARABÉNS!!!

25 de maio de 2016

SEMANA CULTURAL: LOLI BELOSO

Hoxe,no salón de actos, o alumnado de primaria  do colexio xunto cos de 1º da ESO do Johan Carvalleira asistiron a unha charla de Loli Beloso sobre Isaac Díaz Pardo.

                              MOITÍSIMAS GRACIAS !!!

24 de maio de 2016

SEMANA CULTURAL!

 Continuamos con máis atividades !
Pola mañán Charla de Suso Portela sobre a Fundación que él preside: "FUNDACIÓN NOVAS" para o alumnado de 4º,5º e 6º cursos.



Pola tarde, para as familias, "Encontro coa poeta Miriam Ferradáns"gañadora de varios premios de poesía, o último, e recén acadado, XX CERTAME FRANCISCO AÑÓN DE POESÍA polo seu traballo "Deshabitar unha casa".
 Miriam ex-alumna do colexio, ademais de falar da súa obra e recitar algún dos seus poemas, lembrou  anécdotas como estudante e destacou a importancia do profesorado á hora de animar ao alumnado a creación escrita.


          GRACIAS POR COMPARTIR!!!

23 de maio de 2016

RECITAL POÉTICO : MANUEL MARÍA

Seguimos coas actividades en torno á Semana Cultural e das Letras Galegas. 
Hoxe adicámoslle o Recital Poético a Manuel María, todos os nenos e nenas do colexio subiron ao escenario a recitar e cantar os poemas do escritor homenaxeado este ano.
"Carné de identidade","O carro", "Arco da vella","Caracol","Meu barco","Galicia" foron algúns dos poemas escollidos .



FERMOSO!!

20 de maio de 2016

SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS!

Comezamos a semana con moita actividad, o MÉRCORES os nenos e nenas voluntarios de 6º curso sairon ao centro vila para colgar poemas de Manuel María.



Ese mesmo día, despois do recreo, todo o colexio poido ver(e incluso tocar) unha demostración de aves rapaces no patio.


 O XOVES ,no salón de actos ,uns alumnos do IES Johan Carvalleira achegáronse onda nós para representar un pasaxe da obra "Don Quijote"(Cap.XXIII, Estancia de do Quixote en Serra Morena).


Contamos tamén coa presencia do coro do "Obradoiro de memoria" que despois de asistir á representación teatral, nos deleitaron con cancións tan fermosas como "Catro vellos mariñeiros" .


Pecharon o acto o grupo de cantareiras do colexio!!



                                      




  Gañadores CEIP "A Pedra"!!!Parabéns!!!


18 de maio de 2016

XXIX SEMANA CULTURAL E LETRAS GALEGAS!!

Unha semana moi intensa!!


                       

 





 DISFRUTADE MOITO!!!

13 de maio de 2016

TARANDEIRA DE POESÍA

A poesía de Manuel María inunda a entrada do noso colexio.
 Achégate e le!!!