7 de out. de 2016

ABRIMOS A BIBLIOTECA!!!!

Hoxe a biblioteca abre as súas portas!!!
Para celebralo todo o alumnado e profesorado se achegou ata ela para ver unhas curtametraxes de animacion á lectura. Os nenos e nenas de Infantil e 1º de Primaria poideron escoitar e ver como o alumnado de 6º de Infantil de maneira cantada e con instrumentos lle puña son ao conto "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza".
Ao remate todos os cursos levaron as Mochilas Viaxeiras.





                     LER É UN BO PLAN!!!

30 de set. de 2016

RETROUSO!!

Hoxe acercáronse ata o noso colexio unhas profesoras da Escola de Música Retrouso de Bueu para falarnos dos instrumentos tradicionais de percusión  galegos e facernos unha pequena demostración.






27 de set. de 2016

ADIVIÑA A PELÍCULA!

Con este título propoñemos un concurso onde os nenos e nenas deberán acertar, a partires dun fotograma exposto na entrada do colexio ,de que película se trata.
Haberá tres fases, con oito fotogramas cada unha, fíxate nas pistas que vos deixamos:






















XA ADIVIÑACHES?

15 de set. de 2016

UN CURSO DE CINE!!

Dámosvos a benvida a todas e todos a este novo curso que esperamos sexa de  "película".
Iniciamos pois unha  "rodaxe" onde os protagonistas ides  ser vós!
Para ir entrando en materia, hoxe invitados  ao FICBUEU (FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES) os nenos e nenas de 4ª,5º e 6º de primaria  asistiron  á proxección de cinco curtas: FRES-BOI(Galicia),WE CANT¨T LIVE WITHOUT COSMOS(Rusia),SUSPENDU(Francia/Suiza),THE ORQUESTRA(Australia) e MADAM BLACK(Nova Zelanda).

 



UNHA XORNADA DE CINE!!!

DESDE AQUÍ O NOSO AGRADECEMENTO E PARABÉNS!!!


22 de xuño de 2016

CHEGOU O VERÁN!!!

Chegou o verán e con él as ansiadas vacacións!!!
Despedimos este curso coa graduación dos nenos e nenas de 6º curso  e xogos no patio para todos!!!








 Desde aquí desexámosvos unhas FELICES VACACIÓNS !!!

16 de xuño de 2016

LECTURAS PARA O VERÁN!!

Aquí vos deixamos  as recomendacións que  "Belusiña" nos propón para este verán:






  LER É UN BO PLAN!

8 de xuño de 2016

EXPOSICIÓN ORAL "AS FORMIGAS"

Chegando xa á recta final de curso e os nenos e nenas de 2º de primaria non quixeron irse sen mostrarnos todo o que aprenderon sobre eses bichiños tan coñecidos para nós como son as formigas.


Moitísimas gracias por compartir!!!