Hoxe o alumnado de 5º de Infantil estaban moi nerviosos, tiñan actuación para pais na biblioteca!!!!
Nesta ocasión tratouse do conto"TOÑITO"creado por eles mesmos a raíz do traballo sobre as emocións. Un traballo de grupo que lle quedou realmente ben.
Hoxe os nenos e nenas de 6º de Infantil quixeron agasallar aos seus "Padriños lectores" coa representación do conto "O cociñeiro Martiño".Extenderon a invitación ao alumnado de 3ºe 4º cursos.
Onte, na nosa biblioteca, tivemos sesión de contacontos con Sonia (mamá de Naia,5º de Infantil) que se achegou para contarnos o conto "O ourizo e a lebre". Gustounos moito!!!
Como colofón á Semana Cultural, todo alumnado disfrutou na Casa do Pobo de Beluso dunha obra de teatro, promovida polo concello, titulada:"Sabela e o paxaro".
DESDE AQUÍ QUEREMOS MOSTRAR O NOSO AGRADECEMENTO A TODOS E TODAS OS QUE FIXERON POSIBLE ESTA XXX SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS GALEGAS!!!
Hoxe tivemos unha visita moi esperada por todo o alumnado.Estivo entre nós o actor pontevedrés David Amor. Despois de falarnos da súa vida profesional, todos e todas quixemos fotografiarnos con él. Rematou firmándonos uns autógrafos moi agarimosos!!
Hoxe, Uxía, Eva e Yanira quixeron agasallar ao alumnado de Ed.Infantil (na Hora de ler) cun conto que estiveron preparando para este mes de maio. O conto que escolleron titúlase "Lobo"da
Ed. Kalandraka. Gustóunos moitísimo!!!PARABÉNS!!!