Continuando coas actividades do "Día da Paz", Neves, Lucía e Carlota (2º de primaria) contaron, na biblioteca,"A xacia Luviñas" . Unha historia que nos fala do amor e respecto á natureza .
Rematamos todos e todas acariñándonos e cantado a "Cantarela dos nenos".
Ao longo desta semana e ata o día 31 deste mes levaremos a cabo diferentes actividades pola PAZ: Música, lecturas, exposicións, murais...
Hoxe na biblioteca , Eva e Yanira (alumnas de 3º e 4º de Primaria) quixeron contarlle ao alumnado de Infantil o conto titulado "El amigo perfecto" , un conto sobre a amizade que nos gustou moitísimo!
Seguindo co proxecto REVITALIZA de compostaxe, patrocinado pola Deputación de Pontevedra, que iniciamos antes das vacacións de Nadal, hoxe o alumnado de Infantil realizarou un obradoiro sobre compós na biblioteca.
Ademais temos na entrada do colexio uns paneis informativos sobre todo o proceso de compostaxe e a súa importancia.
En colaboración coa COORDINADORA de Equipos de Dinamización Linguística do Morrazo e baixo o patrocinio da Deputacion de Pontevedra, publicamos as guías de lectura para este Nadal!!!
Hoxe o alumnado de 5º e 6º de primaria disfrutaron dunha charla sobre "Parásitos mariños" ofrecida por Helena Rodríguez, investigadora do CSICe experta nesta materia.
A charla forma parte do proxecto "Faro na escola", proxecto no que participamos por vez primeira e co que estamos moi ilusionados.