8 de out. de 2018

ADEUS Á ULTIMA PRIMA DONA!!


    
   Esta pasada fin de semana despedimos á gran Montserrat Caballé.
   María de Montserrat Bibiana Concepción Caballé Folch ( Barcelona, 12 de Abril de 1933- 6 de Outubro de 2018) foi unha cantante lírica española con tesitura de soprano. Considerada  a máis universal das cantantes de ópera españolas, unha diva á altura de mitos como María Callas, Elisabeth Schwarzkop ou Renata Tebaldi.
   Entre os moitos premios musicais que se lle otorgaron, cabe destacar os seguintes:
- O Premio Grammy á mellor interpretación vocal solista de música clásica, recibido en 1969 pola súa interpretación no álbum Rossini: Rarities. 
- O  17 de xullo de 1973, recibiu a Medalla de Oro ao mérito nas Belas Artes.
- En 1991, o Premio Príncipe de Asturias das Artes, xunto con Vitoria dos Ángeles, Teresa Berganza, José Carreras, Pilar Lorengar, Alfredo Kraus e Plácido Domingo.

                                                        ATA SEMPRE!!!!!



2 de out. de 2018

VISITA SORPRESA!!!



Hoxe tivemos unha sorpresa: unha chica faisán visitou o noso cole!!!

1 de out. de 2018

OBRADOIRO DE PINTURA POLOS DEREITOS HUMANOS

O sábado 29 na Banda do Río en Bueu celebrouse un obradoiro de pintura para dar a coñecer os Dereitos Humanos.
Foi todo un éxito de participación.
"Non se pode valorar o que non se coñece" son palabras de Cristóbal Gabarrón, promotor desta iniciativa.






Máis información no Faro de Vigo
MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA IMPLICACIÓN!!!

ANDAINA POR CABO UDRA

O alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria realizaron un percorrido didáctico por Cabo Udra, visitando a  aula de Natureza e o espazo natural.
 Puideron ver flora e fauna característica da zona: saltóns, araña-tigre, toxos,..
Baixaron e subiron andando demostrando a súa forma física.




30 de set. de 2018

AUDICIÓNS MUSICAIS







     
   Esta semana rendemos homenaxe a María do Ceo , cantante de fado e compositora portuguesa afincada en Galicia.
    Fado : O fado é a expresión máis coñecida internacionalmente da música portuguesa.  No fado exprésanse as experiencias da vida a través do canto. Xeralmente cántao unha soa persoa, os temas máis cantados  son a morriña, a nostalxia ou pequenas historias do vivir diario dos barrios humildes.
    María do Ceo canta sempre de negro con dous ou tres instrumentos tradicionais, guitarra, viola, guitarra portuguesa e un acordeón. Empezou a cantar en 1988 pero non foi ata 1995 cando se creou Alfama, grupo ao que vai unido desde entón o seu nome e que a acompaña en cada un dos seus concertos.

26 de set. de 2018

AUDICIÓNS MUSICAIS


    Esta semana rendemos homenaxe  as mulleres máis importantes  do mundo enteiro, as nosas  AVOAS, coa canción  Miña abuela Manuela, a podemos atopar no libro- disco Pan de Millo.
   A compañía pontevedresa "Migallas Teatro" foi constituída como compañía profesional no ano 1996 aínda que como grupo afeccionado a súa creación data de 1992.
   Os  arranxos e adaptacións están feitos por Paulo Nogueira e Magoia Bodega, músicos e educadores, membros do grupo Treixadura e moi vencellados a proxectos de divulgación da música galega tradicional. Canda eles, intérpretes do prestixio de Pancho Álvarez, César Longa, Begoña Riobó ou Segundo Grandío, entre outros artistas.
DISFRUTADE COA MÚSICA!!!

20 de set. de 2018

RUTA POLOS DEREITOS HUMANOS


O ilustrador Marc Taeger e dous representantes da Asociación de Veciños da Banda do Río estiveron no noso centro para animarnos a coñecer e debuxar os Dereitos Humanos.
O vindeiro sábado, 29 de setembro, no estaleiro do Purro vaise celebrar un obradoiro cuns monitores moi especiais CRISTÓBAL GABARRÓN,  MARC TAEGER, LUIS DAVILA, ANA PEZ, FEDERICO FERNÁNDEZ, ALUMNADO DA FACULTADE DE BELAS ARTES de Pontevedra, onde nenos e nenas de 4 a 14 anos debuxarán a súa interpretación dos Dereitos Humanos.
Os traballos exporanse en outubro en diferentes espazos de Bueu e haberá unha selección para participar no concurso internacional.







 ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!