Para rematar este curso, unha noticia de última hora: "Bioquímica asturiana gaña en Viena o premio INVENTOR EUROPEO 2019", entregado pola Oficina Europea de Patentes, en dúas categorías: logro dunha vida e voto popular. É un doblete nunca visto nos 14 anos de historia do galardón.
Hoxe pasamos unha mañá xenial chea de sorpresas, despedimos aos nosos compañeiros e compañeiras que marchan para a ESO e un exalumno Iago López Caíño acompañounos co seu piano.
Sorprendémonos cunha máxica actuación, disfrutamos dunha rica merenda preparada pola ANPA.. e como remate... FESTA DA ESCUMA!!!!
O alumnado de 5º de Primaria pasou tres días disfrutando do Premio Nacional da ONCE con actividades lúdicas,
culturales e deportivas nun campus siutuado no Parque
Nacional da Serra do Guadarrama en Madrid.
Hoxe, luns 17 de xuño , o alumnado de primeiro, segundo e terceiro de primaria disfrutaron dunha xornada diferente. Visitaron o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro: http://www.paar.es/?lang=gl
Parabéns a todas e a todos os participantes no IV CROSS CABO UDRA!
Disfrutamos dunha xornada deportiva, colaborativa e inclusiva moi especial.
Non só houbo carreiras, tamén Xogos Populares organizados polos voluntarios do Xoán XXIII, talleres de pintura tipo graffitti, chapas, rocódromo, zumba, xogamos e sobre todo... disfrutamos dun espazo natural privilexiado.
Moitas grazas a todos e a todas por coidar o entorno!
Noraboa as persoas que organizaron, colaboraron e fixeron posible este gran evento!