Xa chegou o verán, días con máis luz e calor.
Disfrutade e cargádevos de enerxía para volver en setembro con forzas renovadas.
Recordade que un LIBRO sempre é un bo aliado.
Noraboa o IES ILLA DE ONS polo proxecto pedagóxico do MUSICAL: "MISERABEIS" onde se pode ver o traballo colaborativo feito por toda a comunidade escolar do centro. Non deixedes de ir a súa representación, é emocionante.
Para rematar este curso, unha noticia de última hora: "Bioquímica asturiana gaña en Viena o premio INVENTOR EUROPEO 2019", entregado pola Oficina Europea de Patentes, en dúas categorías: logro dunha vida e voto popular. É un doblete nunca visto nos 14 anos de historia do galardón.
Hoxe pasamos unha mañá xenial chea de sorpresas, despedimos aos nosos compañeiros e compañeiras que marchan para a ESO e un exalumno Iago López Caíño acompañounos co seu piano.
Sorprendémonos cunha máxica actuación, disfrutamos dunha rica merenda preparada pola ANPA.. e como remate... FESTA DA ESCUMA!!!!
O alumnado de 5º de Primaria pasou tres días disfrutando do Premio Nacional da ONCE con actividades lúdicas,
culturales e deportivas nun campus siutuado no Parque
Nacional da Serra do Guadarrama en Madrid.