30 de out. de 2019

SAMAÍN PARTE III

Ao rematar o recreo, o alumnado de 5º de Primaria realizou unha exposición oral sobre a procedencia da tradición do Samaín e o Halloween.





As nenas e nenos de 1º contaron os seus MICRORRELATOS TERRORÍFICOS.




E rematamos bailando a canción de Mamá Cabra sobre o Samaín.
E... COLORÍN, COLORETE DA CHIMENEA SAE UN ESQUELETE.


SAMAÍN PARTE II

Coas portadas de contos e historias de medo o alumnado do centro elaborou estos fermosos photo-call: "Os esqueletos divertidos", "Corre corre, cabaciña", "Las dos brujas" e "Mortiña"
Podedes fotografarvose e gozar coa súa lectura.






TERRORÍFICOS!!
Recunchos de lecturas de medo:



SAMAÍN 2019. PARTE I

As familias participaron un ano máis na decoración do centro elaborando unhas fermosas cabazas, incluso algunhas con material de refugallo.
Mirade que fermosas!





MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES!!


28 de out. de 2019

OLGA CUERVO: CONTACONTOS

Esta foi unha mañá chea de sorpresas. O cole está "de medo": decoración de Samaín no salón, na entrada están as cabazas e tamén unha montaxe de photo-call e libros...

Despois do recreo gozamos coas historias que nos foi contando OLGA CUERVO, grazas a súa gran voz e a súa expresión corporal. Fomos piratas, lobos pasotas, escoitamos con atención a HISTORIA DA SÚA VIDA, COCORICO, UN BARCO DE VAPOR AZUL, ¡NO ES UN PAPAGAYO!
Que ben o pasamos!



 

 Moitas grazas á Editorial SM pola súa xentileza.

27 de out. de 2019

O SAMAÍN

    Esta semana na nosa escola festexamos O SAMAÍN,  entraremos no colexio ao ritmo da canción de MAMÁ CABRA.

                                                  Recordade:
SAPOS, BRUXAS E CURUXAS 
QUE ANDADES NESTE COLEXIO,
ARREDARE DE NÓS ESTES MEDOS
E ESPANTADE OS NOSOS PESADELOS!!!

25 de out. de 2019

PON UN LIBRO NA TÚA VIDA

Esta semana para festexar que o Xoves 24 de Outubro foi o Dia das Bibliotecas entramos no cole ao ritmo da canción PON UN LIBRO EN TU VIDA.


   GOZADE COA LECTURA!!!

24 de out. de 2019

CELEBRANDO O 24 DE OUTUBRO!

Menudo día!



Xogamos co BEE-BOT e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, coloreamos, lemos...  a pesar da choiva foi unha mañán moi divertida.