23 de set. de 2020

23 de setembro: DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA DE SIGNOS

 A LINGUA DE SIGNOS É PARA TODOS!

A lingua de signos é unha linguaxe natural. Hoxe celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA DE SIGNOS proclamado pola ONU: 

 COA LINGUA DE SIGNOS, TODOS ESTAMOS INCLUÍDOS!

Inténtao con esta canción de Gaudi Galego titulada "Chea de vida":

Conto ANIMAIS en LSE (Grazas o CEIP Quiroga Palacios) da Editorial Kalandraka que está na nosa biblioteca:



A situación actual co uso de máscaras, supón unha dificultade para as persoas xordas que non poden ler os nosos labios cando falamos e así é difícil a comunicación.

Apúntate ao reto de aprender algunha palabra ou frase na lingua de signos!

Agora mesmo é moi necesario porque non podemos dar unha aperta...

Un reto... Como se dirá APERTAS, BO DÍA, OLA en lingua de signos? 

Clica no blog de Orientación e poderás ver un fermoso VÍDEO-SORPRESA realizado no noso centro. Coñeces a alguén? Que alegría verse todos e todas durante a Hora de Ler! 

http://montemogosorienta.blogspot.com/


Vídeo do rapero xordo finlandés SIGNMARK: "Rompendo as normas"




22 de set. de 2020

OUTONO 2020

 Este martes 22 de setembro ás 15,31 horas (hora peninsular) dará comezo o outono.

Qué fermosa está a Natureza nesta nova estación! Dá un paseo polo bosque e goza coas súas cores!

Hoxe terá lugar o equinoccio de outono, o día e a noite terá a mesma duración, 12 horas. Averigua o significado da palabra equinoccio e repítea varias veces... é fermosa, verdade?

Visita o blog do alumnado e segue ao Club do Cambio Climático! https://montemogos.blogspot.com/






 




"CONTAXIO": Conto audiovisual.

 As escritoras María Solar, Ledicia Costas e Fran Alonso escribiron  un conto colaborativo audiovisual titulado CONTAXIO sobre a pandemia, para UNICEF. Está ilustrado por Leandro Lamas.

Está promovido pola actriz e presentadora Lucía Regueiro, Amiga do Comité Galicia de Unicef. Participan actores e actrices galegas: Xúlio Abonjo, Miguel Canalejo, Monti Castiñeiras, Isabel Naveira, Federico Pérez, Lucía Regueiro, Beatriz Serén y María Vázquez.

CONTAXIO é unha viaxe polo dicionario...


GOZADE CON ESTE FERMOSO CONTO!


21 de set. de 2020

NOVO CURSO ESCOLAR 2020/2021

 BENVIDAS E BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR 2020/2021!

Que ganas de estar todas e todos xuntos de novo!

 Poder rir, xogar, contar as aventuras deste atípico verán... O que vivimos e o que sentimos desde marzo!

ESTAMOS XUNTOS para conseguir os nosos obxectivos! WE ARE TOGETHER!

NON PERDAS DE VISTA O VERDADEIRAMENTE IMPORTANTE!



22 de xul. de 2020

23 de xullo de 2020: DÍA DO LIBRO

Este ano 2020 está cheo de sorpresas: DÍA DO LIBRO en pleno verán!
Un libro é unha porta aberta á imaxinación, á fantasía, a lugares por explorar,...
Todo comeza nunha libraría, como di a campaña para pór en valor estes espazos: #TodoComezaNunhaLibraria.
Merca nas librarías da túa localidade!

FELIZ DÍA DO LIBRO!

20 de xuño de 2020

A nosa páxina no Faro da Escola

Outro curso máis participamos no Faro da Escola aínda que desta vez é un Faro moi diferente, xa que cada centro educativo elaborou unha única páxina para facer un xornal colectivo. 📄

Aquí vos amosamos a nosa páxina!

Tamén podedes enviar ao longo do verán as vosas creacións a escola@farodevigo.es e serán publicadas nas Novidades do Faro da Escola:


19 de xuño de 2020

DESPEDIDA!!!


Despois deste inusitado trimestre, chega o verán e con el o fin de curso e as merecidas  vacacións!

Desde aquí queremos APLAUDIR o voso esforzo e colaboración. Desexarvos un feliz verán e dicirvos que a pesar da distancia estamos ao "voso lado".  


Un abrazo moi especial aos nenos e nenas de 6º curso que se despiden do colexio e desexarlles moita sorte na súa nova andaina.


MIL GRAZAS!!!