24 de out. de 2021

MOCHILAS VIAXEIRAS

Este venres como prólogo do DÍA DAS BIBLIOTECAS iniciaron a súa andaina as MOCHILAS VIAXEIRAS despois dun ano sin saír!

As nenas e nenos de novo ingreso recibiron o seu carné da biblioteca e as bolsiñas viaxeiras para protexer os documentos que van e veñen.









Non esquezas deixar a túa valoración, suxestións, traballo de investigación, recollida de cantigas, refráns, costumes, palabras, nomes de lugares relacionado co proxecto documental deste curso A MEMORIA DO NOSO!

22 de out. de 2021

Día das Escritoras: COÑECENDO A MÍRIAM FERRADÁNS

O alumnado de 6º de Primaria realizou un traballo de investigación sobre Míriam Ferradáns, poeta da nosa contorna.

Investigaron sobre a súa biografía e obra. Realizáronlle unha entrevista.

Concretaron a información recollida nesta presentación que expuxeron oralmente aos compañeiros e compañeiras.

Pincha na imaxe para ver a presentación.


 

19 de out. de 2021

18 de outubro: DÍA DAS ESCRITORAS

Iniciamos a SEMANA DA BIBLIOTECA celebrando o DÍA DAS ESCRITORAS. Lemos unha selección de textos de escritoras, sobre todo da nosa contorna.

O voluntariado de 6º repartiu polos establecementos comerciais da localidade carteis cos textos e as persoas que iamos atopando agasallabámolas coa lectura e a tarxeta.

17 de out. de 2021

MINUTOS MUSICAIS

 Ao longo desta semana de outubro escoitaremos a canción "VIVIR" composta e interpretada  pola cantante Rozalén xunto con Estopa.


                                                        FELIZ SEMANA!!!

16 de out. de 2021

70º PREMIO PLANETA

CARMEN MOLA acaba de gañar o PREMIO PLANETA, coa novela titulada " La bestia".

Misterio resolto: Carmen Mola, presunta mestra que compaxinaba a docencia coa escritura anónima é o PSEUDÓNIMO baixo o que estaban tres homes: Jorge Díaz, Agustín Martínez e Antonio Mercero.

Este premio literario é o máis alto do mundo xunto co Nobel.


 

14 de out. de 2021

CROSS CABO UDRA 2021

O domingo, 10 de outubro, tivo lugar o V CROSS POPULAR CABO UDRA, organizado pola Asociación ASBEL coa colaboración de diferentes organismos: clubs de Atletismo Corredoiras e Vila de Cangas, Concello, CEIP Montemogos... e persoas voluntarias.

Foi un evento deportivo e tamén solidario, varias alumnas e alumnos colaboraron cun mercado solidario para recadar alimentos, produtos de limpeza... para a Protectora de Animais. 

Parabéns á organización!👏 Gozamos todos e todas dunha xornada deportiva, familiar  en contacto coa Natureza.


Esta carreira popular naceu a partir do CROSS ESCOLAR que se celebraba no noso cole desde, aproximadamente, 1980 ata o ano 2003 coa colaboración de toda a comunidade, en marzo, arredor da festividade de San Xosé.



Valora e participa na vida do teu pobo! 

A MEMORIA DO NOSO!





SOMOS PUNTO DE RECOLLIDA DE ÚTILES DE ESCRITURA

Comprometidos coa SOSTIBILIDADE  a través da RECICLAXE! 

Formamos parte de TERRACYCLE, empresa que recicla bolígrafos, rotuladores, rotuladores fluorescentes, correctores de todo tipo, permanentes. Non se recollen pegamentos, gomas, lapis, tesoiras.

Busca o punto de reciclaxe na entrada do centro!