O domingo, 10 de outubro, tivo lugar o V CROSS POPULAR CABO UDRA, organizado pola Asociación ASBEL coa colaboración de diferentes organismos: clubs de Atletismo Corredoiras e Vila de Cangas, Concello, CEIP Montemogos... e persoas voluntarias.
Foi un evento deportivo e tamén solidario, varias alumnas e alumnos colaboraron cun mercado solidario para recadar alimentos, produtos de limpeza... para a Protectora de Animais.
Parabéns á organización!👏 Gozamos todos e todas dunha xornada deportiva, familiar en contacto coa Natureza.
Esta carreira popular naceu a partir do CROSS ESCOLAR que se celebraba no noso cole desde, aproximadamente, 1980 ata o ano 2003 coa colaboración de toda a comunidade, en marzo, arredor da festividade de San Xosé.
Ningún comentario:
Publicar un comentario