Víctor de 4º de Primaria debuxou, empregando a técnica do carbón, a Belusiña.
Mirade que bonita quedou!
Ven pola biblioteca a contemplar esta obra de arte!
O blog da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Montemogos
Víctor de 4º de Primaria debuxou, empregando a técnica do carbón, a Belusiña.
Mirade que bonita quedou!
Ven pola biblioteca a contemplar esta obra de arte!
As nenas e nenos de 6º de Primaria dos colexios de Torre-Cela e do noso centro participaron dunha xornada de convivencia onde os xogos sen estereotipos de xénero foron o punto de partida xa que o próximo curso compartirán aulas no IES Illa de Ons de Bueu.
Estos xogos foron organizados polo CIM do Concello de Bueu coa colaboración da Asociación Xoán XXIII.
Foi unha xornada moi colaborativa!
Os nenos e as nenas de 6º de Primaria realizaron carteis reivindicativos arredor do Día Internacional da Muller para que todo o colexio coñeza e poña en valor o verdadeiro significado de feminismo.
Realizaron unha campaña moi ben deseñada e motivadora implicando a todo o centro.
Esta semana escoitaremos un clásico da música en España: "Ola don Pepito, ola don Xosé".
Esta é unha das moitas cancións icónicas dos Pallasos da tele, compañía artística formada por Gaby, Fofó, Miliki e posteriormente Fofito; Milikito e Rody. Protagonistas dun exitoso programa de televisión que empezaba coa frase: Como están ustedes?
Divertídevos con esta actualización da canción.
Feliz semana!
Do 6 ao 10 de marzo celebramos a Semana da prensa.
Estivemos lendo diferentes xornais de tirada local, autonómica e nacional e coñecendo as partes dunha noticia e dun xornal.
Visita o blog de Infantil para gozar das actividades.
Todo o alumnado investigou sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro. Lemos poemas da bibliografía seleccionada exposta nos diferentes recunchos.
O alumnado de 6º de Infantil participou na convocatoria da AELG con este precioso mural collage con palabras fermosas sobre unha fermosa camelia, unha das flores favoritas de Rosalía.