14 de xul. de 2023

Finalista no VI Concurso de Microrrelatos da Real Academia Galega!

 O microrrelato escrito por Nerea Villanueva de 6º de Primaria, titulado "Somos mulleres" resultou finalista da categoría Infantil do VI Concurso de Microrrelatos convocado pola Real Academia Galega e PuntoGal.

Os relatos gañadores e finalistas serán publicados proximamente na revista Luzes.

Parabéns para Nerea e para todas e todos os participantes neste concurso, especialmente aos nenos e nenas do noso centro!

Grazas pola ledicia e a motivación que dá acadar por segundo ano consecutivo un premio neste certame!

Ánimo e a seguir escribindo, contando, emocionando...

Máis información en:

6 de xul. de 2023

Lectura dixital, plataforma E-LBE.2

No verán unha lectura sempre na man!

Visita a plataforma de préstamo dixital para bibliotecas escolares E-LBE-2 e goza de diferentes lecturas. 

Lecturas para aprender, lecturas para divertirte... lectura para gozar!


Entra a través do enlace da parte dereita do blog.

Actividades de verán: Aula da Natureza de Udra

 Visita Cabo Udra e participa nas actividades da Aula da Natureza!

Actividades para o mes de xullo:



5 de xul. de 2023

Actividades de verán: Obradoiros no Museo Massó

Visita o  Museo Massó e participa nos seus obradoiros de verán.

http://museomasso.blogspot.com/

Museo Massó- Rúa Montero Ríos s/n- 36930 Bueu (Pontevedra)- Telf. 886 151 101- museo.masso@xunta.gal



29 de xuño de 2023

Feliz verán 2023!

 A comunidade escolar do CEIP P. Montemogos deséxavos unhas moi felices vacacións de verán!

Xoga, le, ri, le, goza, le, conversa, le, escoita, le, pasea, le ... 

Vémonos en setembro!



Bo verán!

Festa de despedida de 6º

O último día de clase o alumnado de 6º de Primaria despediuse da comunidade escolar representando unha obra de teatro percorrendo a súa etapa vital no colexio recordando anécdotas moi divertidas. Recibiron diplomas e a ANPA realizou o sorteo dun patinete.

Foi unha despedida moi emotiva!

Bailamos todos e todas xuntas no patio.


 


Moita sorte no instituto Raúl, Cris, Águeda, Naia, Aitor, Roi, Nahia, Emilio, Manuel, Salvador, Óliver, Mara, Aroa, Uma, Nerea e Sara!

Felices vacacións!

28 de xuño de 2023

Fiadeiro 2023

Xa está aquí a revista do noso cole: Fiadeiro 2023