7 de mar. de 2024

Programación do Concello de Bueu para 8 de marzo

 
O Concello de Bueu presenta a programación con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, na que haberá homenaxes, talleres, cinema, deporte e moito máis.
A través de todos os actos queremos reivindicar a loita pola igualdade entre homes e mulleres.

Cartel con toda a programación e información na web:

 https://concellodebueu.gal/o-concello-de-bueu-organiza-homenaxes-talleres-e-cine-na-programacion-do-dia-internacional-das-mulleres/


 Anímate a participar! 

Anímate a celebrar!

É a festa de TODAS!

3 de mar. de 2024

Minutos musicais!

 Iniciamos unha semana chea de actividades: Semana da Prensa e o venres, 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Anímate a investigar sobre mulleres deportistas da túa contorna!

Escoita a Guadi Galego con Chea de vida, do seu álbum Lúas de outubro e agosto


Feliz semana!

29 de feb. de 2024

Teatro As alumnas

 Despois de ler, no club de lectura de persoas adultas, a obra dramática As alumnas escrita por Paula Carballeira, este martes 27 de febreiro asistimos a súa representación teatral no Teatro Principal en Pontevedra.

Foi representada por Culturactiva Producións. Dirección Fina Calleja. Elenco: Anabell Gago e Mónica Camaño.

Grandes aplausos para unha gran representación!!


 

Conversando con Andrea Maceiras!

No club de lectura de 6º de Primaria, Os Belulectores, recibimos a visita de Andrea Maceiras, autora do libro Alma de Elefante, por xentileza da editorial Xerais.

Con ela viaxamos polo sueste asiático e descubrimos que hai moitas maneiras de viaxar lendo, escribindo, debuxando...

Dialogamos arredor do seu libro, de que hai cousas pequenas que son fortes e cousas grandes que son delicadas, de que todas e todos temos o noso lugar no mundo.

E ti... De que animal tes alma?

Grazas Andrea por compartir as túas experiencias con nós!

Intentaremos seguir o teu consello: "Non deixedes de LER"




 

Axudando na biblioteca!

 Voluntarias de biblioteca buscaron recursos para o comedor. Deseñaron un cartel precioso!


Grazas a todas pola vosa axuda selando, etiquetando, ordenando, contabilizando, creando...