Hoxe,na Hora de LER, foi un día moi especial para a nosa biblioteca e sobre todo para a nosa mascota. .
Os nenos e nenas de 6º de primaria iniciaron o proxecto documental "BICHIÑOS" cunha exposición oral sobre "Belusiña".
Un traballo de investigación e ficción onde descubrimos que os vagalumes son invertebrados, artrópodos, insectos coleópteros, a súa metamorfose ...
e tamén a "historia de Belusiña",onde naceu,o nome dos seus pais,como chegou ata Beluso e se quedou con nós, na nosa biblioteca... Un traballo realmente fantástico.
PARABÉNS!!!
Ao final Belusiña agasallounos cunha piruleta a todos, pequenos e maiores.
VIVA A BIBLIO!!!!
1 comentario:
Felicidades a los responsables de la biblioteca . Hacéis un magnífico trabajo: cercano a todos los miembros de vuestra comunidad educativa , diario , constante ...Aunque es un trabajo fácil seguro que es muy satisfactorio .
Mucho ánimo.
Publicar un comentario