Primeiro escoitamos "Adiós ríos ,adiós fontes", recitado polos Voluntarios Lectores de 6º de primaria e ao remate todos xuntos cantamos as cinco primeiras estrofas deste fermoso e emblemático poema.
Nas titorías, as fiestras ccubríronse de poemas rosalianos seguindo a iniciativa proposta pola Asociación de Escritores de Lingua Galega "Abride a fiestra".
Na Hora de Ler, na biblioteca, poidemos escoitar a Eva e Yanira recitar "Paseniño, paseniño" e as "cantareiras do cole"acompañadas de craves, cunchas e pandeireta que musicaron o poema "Has de cantar".
Gracias a todos e todas pola participación nas diferentes propostas.GÚSTANOS ROSALÍA!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario