Ao longo de toda a semana estamos a traballar en torno a Rosalía, poeta do Rexurdimento tan importante dentro das nosas letras .
Murais, versos, audicións, libros, cancións,... enchen o noso colexio!!
Ademais,
hoxe os Voluntarios Lectores saíron polas rúas e locais de Beluso para ler e agasallar poemas da escritora. Despois, achegáronse á Casa do Pobo onde lles agardaba un grupo de mulleres do Taller de Memoria que encantadas escoitaron os versos de Rosalía.
Finalizaron a actividade colgando o poema "
Adiós ríos, adiós fontes" na alambrada do centro da vila para que todos os viandantes poidan disfrutar deste fermoso poema ao longo deste mes de febreiro.
Fotos da saída dos voluntarios lectores. Premer Día de Rosalía
Ningún comentario:
Publicar un comentario