27 de abr. de 2018

AS FAMILIAS CONTAN!

Rematamos o mes de abril con máis  familias voluntarias que se achegan  ata a nosa biblioteca e nos agasallan lecturas.
O mércores, 25 de abril, Oihane, co seu fillo  Unai de 6º de Infantil, contounos dous fermosísimos contos:
"TOMÁS EL BROMISTA" Kalandraka e "TE QUIERO RATONCITA" Alfaguara.




O xoves 26, tivemos dúas sesións!! 
A primeira hora da mañán, para o alumnado de Infantil, Loli coa súa filla Aixa cun conto que nos encanta "Paco papán" OQO . Rematamos a sesión coa canción incluida no disco "Contos en cantos"da mesma editorial.


Na Hora de Ler Ester, nai de öliver, contounos "Corre Sebastián, corre! Baía Edicións. Un conto sobre a discapacidade, a empatía e o repecto ás persoas .


MOITÍSIMAS GRAZAS POR COMPARTIR LECTURAS !!!

Ningún comentario: