16 de abr. de 2018

PARTICIPAMOS NA I FEIRA DA CIENCIA E DA LITERATURA!

O sábado 14 de abril a Praza Massó acolleu a centenares de persoas que quixeron achegarse á
  I FEIRA DA CIENCIA E DA LITERATURA.
Baixo a carpa, instalada para ocasión, oito "stands " amosaban temas científicos relacionados cunha obra literaria onde os asistentes a modo de xogo, despois de escoitar as explicacións que o alumnado ofrecía, debían superar varias probas para acadar un agasallo .
Ademais houbo charlas como a de María Solar (autora do libro "Os nenos da variola") e obradoiros no Museo Massó para nenos e nenas de cinco anos en diante.
O noso stand "20.000 LEGUAS BAIXO OS MARES" , presidido polo "yellow submarine" onde podiamos facer "foto call", ofrecía diversas actividades que foron acollidas con gran éxito polos visitantes: robótica (A ruta do Nautilus, xoga co Bee-bot), gamificación (actividades Kahoot), xogos  de mesa (afundir a flota), sopas de letras, manualidades, karaoke (YELLOW SUBMARINE)...
Para o público máis pequeno desenvolvemos actividades arredor do conto "O PEIXE ARCOIRIS",
a máis aplaudida foi o contacontos realizado polos nenos e nenas  voluntarios de 6º de primaria en dúas sesións, unha de mañán e outra de tarde.







DESDE AQUÍ DAMOS AS GRAZAS A TODO O ALUMNADO VOLUNTARIO QUE FIXO POSIBLE A CELEBRACIÓN DESTA FEIRA E EN ESPECIAL AOS NOSOS VOLUNTARIOS.
      PARABÉNS!!

Ningún comentario: